Música

Video Clip de Quero Viaxar

Quero Viaxar é unha canción realizada polo alumnado de 3º e 4º ca profesora de música.

A letra e música foi creada polo alumnado. 

Esta é a primeira dunha series de cancións.

 

 

Pincha na imaxe para ver o video.

Miryam ensínanos o seu acordeón

 

Hoxe tivemos a sorte de que a profe Miryam trouxo o seu acordeón á escola, nolo ensinou e nos tocou unhas pezas.

 Reunímonos tod@s e explicounos que partes ten un acordeón, como o toca para que soe grave ou agudo, como entra e sae o aire nel, ... e puidemos facerlle un montón de preguntas. 

"O vello castelo", de Musorgski

 

Os alumnos de 3º 3 2º B xa están a traballar sobre o Samaín con actividades plástico-musicais. A profe Estíbaliz falounos dos persoanxes típicos de medo desta celebración, como pantasmas, bruxas e zombies!

Ademáis, investigamos sobre a peza "O vello castelo", do músico ruso Modest Musorgski, e combinamos esta audición coa creación dun mural inspirado nela. Aí vos deixamos a fotografía do resultado.

Decoramos pandeiretas!

 

 

Esta semana decoramos pandeiretas coa profe Estíbaliz na clase de música. Agora mesmo témolas expostas na entrada, vedes que bonitas quedaron?