Skip to Content

NOVO BLOGUE PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA, E.F. E PSICOMOTRICIDADE

Ola!, neste novo Blogue poderemos seguir as actividades de Robótica e programación para 4º, 5º e 6º, así como actividades relacionadas coa Psicomotricidade e a Educación Física.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN - COVID 19

Dende o departamento seleccionamos estas orientacións do colexio oficial de psicólogas/os, para a xestión psicolóxica da cuarentena polo coronavirus ademais de contos como "ROSA CONTRA EL VIRUS" con orientacións previas de como explicar aos nenos e nenas porque estamos na casa, e,  "MONSTRUO DE COLORES. Coronavirus"  ...

Engadimos uns enlaces con moitos contos e cortos que poden gustarvos.

E por último, engadimos actividades que podedes facer en rede, actividades para afianzar a conciencia fonolóxica así como a discriminación auditiva e a comprensión de textos por edades con actividades divertidas para poder responder on line.

Moito ánimo dende o departamento de orientación e se necesitades calquera cousa, tedes os nosos correos no adxunto 1 !!

No adxunto 2, podedes ver a explicación/información  do Coronavirus en pictogramas-

Pinchade enriba de cada imaxe para acceder aos contidos.

 Moito ánimo e ata pronto!

 

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA DURANTE A CUARENTENA - COVID 19

 

O PROFESORADO DO CENTRO ADXUNTA AS ACTIVIDADES QUE OS NENOS E NENAS PODEN FACER DURANTE ESTOS DÍAS NA CASA.

O ALUMNADO DE 5º E 6º USARÁ OS BLOGS PARA EXPLICACIÓNS E ACTIVIDADES.

RECORDAMOS QUE NESTA MESMA WEB PINCHANDO ENRIBA DE  DIVERSAS ENTRADAS, TEDES CONTOS DE COEDUCACIÓN, IGUALDADE,  CORTOS E ACTIVIDADES QUE PODEDES USAR ONLINE (PAXINA 2 DA WEB) . SEMPRE PINCHANDO ENRIBA DA FOTO.

NO ADXUNTO, TEDES O CORREO ELECTRÓNICO DE CADA MESTRA/E PARA CALQUERÁ DÚBIDA.

COIDAROS MOITO.  EN BREVE, ESTAREMOS XUNT@S DE NOVO.

 O EQUIPO DOCENTE

ACTIVIDADES PARA 4º DE E.P.

ACTIVIDADES PARA 4º DE E.P QUE PODEDES FACER DURANTE ESTOS DÍAS PINCHA ABAIXO NOS ADXUNTOS.

ACTIVIDADES PARA 3º DE E.P.

ACTIVIDADES PARA 3º DE E.P. PODEDES DESCARGALAS NOS ADXUNTOS, A PARTIR DE ABRIL SEGUIMOS NO BLOGUE DE TERCEIRO

ACTIVIDADES PARA 2º DE E.P.

NOS ADXUNTOS DE ABAIXO, TEMOS ACTIVIDADES de 2º de E.P. PARA REALIZAR DURANTE ESTOS DÍAS. DENDE AGORA, A PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES A PARTIR DO 20 DE ABIL, SE FARÁ A TRAVÉS NO BLOGUE

PREME MA IMAXE

ACTIVIDADES PARA 1º E.P.

ACTIVIDADES PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ABAIXO NOS ADXUNTOS, PODEMOS DESCARGAR TAREFAS PARA ESTOS DÍAS. A PARTIR DE ABRIL CONTINUAMOS NO SEGUINTE BLOGUE

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL

NOS ADXUNTOS QUE VEMOS ABAIXO, PODEMOS DESCARGAR ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

SE PINCHAS NA FOTO, PODES CANTAR E PRACTICAR CO INGLÉS

 

INFORMACIÓN COVID- 19

O presidente da Xunta de Galicia comunicou a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns  16 de marzo con carácter oficial, por un período inicial de 14 días.

 

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS

DE ENSINO NON UNIVERSITARIO

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

CALQUERA CONSULTA, PERMANECEREMOS NO CEENTRO DE 10 A 13 HORAS: 

TELÉFONOS :  886 120 168 - 886 120 169 

                          886 120 170 - 886 120 172  

 

A PARTIRES DO LUNS 16, SUBIREMOS A TRAVÉS DESTE MEDIO AS TAREFAS PARA CADA CURSO QUE O ALUMNADO PODERÁ FACER NA CASA, IGUALMENTE FACILITAREMOS OS CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA.

PREGAMOS AVISEN AO CENTRO NO CASO DE CONFIRMARSE ALGÚN CONTAXIO NA FAMILIA DIRECTA DO NOSO ALUMNADO

 

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE

ENTROIDO 2020

Preme na imaxe para ver un pequeno video do Entroido 2020.

TORNEO BADMINTON NOS RECREOS

Como outros cursos xa está en marcha dende xaneiro o TORNEO DE BADMINTON nos recreos para 4º, 5º e 6º.

 

 

XORNADA DE VOLEIBOL

O pasado sábado 16 de febreiro tivo lugar no Pavillón do cole unha Xornada de Voleibol coa participación das nenas e nenos do Centro. O pasaron moi ben e, aínda que non é o máis importante,  obtiverón bos resultados.

 

PRAZO DE RESERVA DE MATRÍCULA. PUBLICACIÓNS DOS LISTADOS PROVISIONAIS E DEFINITIVOS.

 

PRAZO  RESERVA DE MATRÍCULA

PARALIZADO POLO ESTADO DE ALARMA

 

 

 

XORNADA ATLETISMO EN PISTA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado xoves 6 de febreiro disfrutamos dunha Xornada de Atletismo en Pista, pincha na imaxe para ir o Blogue de 5º.

                                    

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MARTES  4  DE FEBREIRO AS 16:30

MARTES 11 DE FEBREIRO AS 16:30

ELEXIDE A DATA QUE MÁIS VOS CONVÉN

PARA VISITAR O NOSO COLE

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Distribuir contido


by Dr. Radut