Skip to Content

Dependencias

ESPAZOS DO CENTRO

O CEIP Sárdoma-Moledo conta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, nos que hai un edificio central para o alumnado de educación primaria, Biblioteca integrada no PLAMBE e aulas específicas: Obradoiro de Manualidades, Aula de Música, Aula de Informática, 2 Aulas de INGLÉS, 1 Aula de Psicomotricidade, especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e tamén Departamento  de Orientación.

O centro conta con edificación en horizontal na que se atopan as aulas de educación infantil, un pequeno xardín con árbores, areeiro e zona de xogos, Horto Escolar e as oficinas e o comedor e outros servizos como Oficina de ANPA e almacéns de material.

  

 Conta tamén cun pavillón polideportivo en funcionamento optimizado.

 

 Abarca cáseque 6.000 metros cadrados de patios ao aire libre.

Como espazos exteriores ten un campo de terra para fútbol, unha pista de baloncesto, a pista vermella polideportiva para balonmán e futbito, auditorio ao aire libre con gradas en distintos niveis, circuito de educación viaria, zona axardinada e varios espazos cubertos, incluída a Paxareira como Aula Psicomotricidade para diferentes actividades e obradoiros.

O colexio ten un importante servizo complementario de comedor de xestión directa da XUNTA con capacidade para 150 usuarios. Comida caseira e feita nos fogóns.

 Cociña completamente reformada e adaptada á normativa vixente.

Distribuir contido


by Dr. Radut