O CEIP Sárdoma-Moledo conta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, nos que hai un edificio central para o alumnado de educación primaria, Biblioteca integrada no PLAMBE e aulas específicas: Obradoiro de Manualidades, Aula de Música, Aula de Informática, 2 Aulas de INGLÉS, 1 Aula de Psicomotricidade, especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e tamén Departamento de Orientación. |
O centro conta con edificación en horizontal na que se atopan as aulas de educación infantil, un pequeno xardín con árbores, areeiro e zona de xogos, Horto Escolar e as oficinas e o comedor e outros servizos como Oficina de ANPA e almacéns de material.
|
Conta tamén cun pavillón polideportivo en funcionamento optimizado. |
Abarca cáseque 6.000 metros cadrados de patios ao aire libre.
Como espazos exteriores ten un campo de terra para fútbol, unha pista de baloncesto, a pista vermella polideportiva para balonmán e futbito, auditorio ao aire libre con gradas en distintos niveis, circuito de educación viaria, zona axardinada e varios espazos cubertos, incluída a Paxareira como Aula Psicomotricidade para diferentes actividades e obradoiros. |
O colexio ten un importante servizo complementario de comedor de xestión directa da XUNTA con capacidade para 150 usuarios. Comida caseira e feita nos fogóns.
|
Cociña completamente reformada e adaptada á normativa vixente. |