O presidente da Xunta de Galicia comunicou a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns 16 de marzo con carácter oficial, por un período inicial de 14 días.
MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS
DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
-
Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
-
Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
-
Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
-
O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
CALQUERA CONSULTA, PERMANECEREMOS NO CEENTRO DE 10 A 13 HORAS:
TELÉFONOS : 886 120 168 - 886 120 169
886 120 170 - 886 120 172
A PARTIRES DO LUNS 16, SUBIREMOS A TRAVÉS DESTE MEDIO AS TAREFAS PARA CADA CURSO QUE O ALUMNADO PODERÁ FACER NA CASA, IGUALMENTE FACILITAREMOS OS CORREOS ELECTRÓNICOS DO PROFESORADO PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA.
PREGAMOS AVISEN AO CENTRO NO CASO DE CONFIRMARSE ALGÚN CONTAXIO NA FAMILIA DIRECTA DO NOSO ALUMNADO
UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE