Skip to Content

Exposición de traballo

Traballos manuais e proxectos realizados ao longo do curso polos diferentes niveis.

Viaxe de fin de curso dos alumnos de 6º de EP a MANZANEDA

Os alumnos de 6º de EP disfrutaron ao máximo  dos tres días da viaxe de fin de curso a Manzaneda. Esta viaxe organizada pola ANPA foi toda unha aventura. Durante todo o curso os alumnos estiveron vendendo doces ( bicas, palmeiras, curasanes,etc...) para recadar diñeiro e financiar a viaxe. En Manzaneda disfrutaron montando a cabalo, facendo tiro con arco, na piscina, no rocódromo,etc....e pola noite Baile ! na discoteca. Unha inolvidable viaxe de convivencia.

Parque La CANUDA en Salvaterra de Miño

Este curso todo o colexio, agás os de 6º de primaria que foron a Manzaneda de viaxe de fin de estudos, fomos de excursión ao parque de Salvaterra de Miño La Canuda. Disfrutamos dun soleado e caluroso día, vimos os animais, prantas,etc...que hai no parque e sobre todo ....xogo, moito xogo.

Semana de Educación vial co alumnado de educación infantil

Os máis pequenos fixeron unha xornada de educación vial no circuito do noso centro unha vez por trimetre. Moitos nenos traen as súas bicis e casco para poder por en práctica todos os coñecementos adquiridos nas clases.Pouco a pouco van adquirindo unha conciencia de cara ao respeto das normas e señais de tráfico. Son uns expertos e como disfrutan!!!

Experiencias científico-técnicas con Atanes.

 

“Experiencias científico –tecnolóxicas”

O pai dun alumno de infantil, Atanes ,profesor de instituto,  visitounos para facer cos nenos/as do segundo ciclo unha serie de experimentos con materiais de uso común.

Construíron : UN INFLADOR DE GLOBOS AUTOMÁTICO con:  unha botella de plástico, vinagre, bicarbonato, un funil e un globo.

                       UNHA PILA CON CUBETAS  con:  tubos de cobre, tubos de plástico, parafusos, vasos con auga e sal.

                       UNHA PILA CON LIMONS con:  limóns,  moedas,  afialapis e fío de cobre.

                       UN MOTORCIÑO CON ARAME  con:  arame, papel de lixa, dous clips, un imán e unha  pila.

Explicou moi ben , con todo detalle,  e o  porque deses materiais,  que materia prima aportaban…

Os nenos estiveron encantados e abraiados,  moi participativos e curiosos. E levaron encantados  a “chuleta” coas instruccions  paso a paso,  para que eles mesmos poideran facelo cos seus pais, irmáns e amigos na casa.

Plan Proxecta- reparto de froita fresca nos recreos

Todos os días repartimos froita nos recreos a todo o alumnado. Este ano ademáis participamos no PLAN PROXECTA repartindo froita . Dende educación infantil a primaria os nosos alumnos poideron degustar todo tipo de froita fresca, cun obxectivo Instaurar o hábito de comer froita fresca na súa dieta diaria. As que máis gustaron foron: cereixas, amorodos, melón, plátanos,albaricoques, nísperos,etc..

Visita ao asteleiro ARMON

 

O sábado 8 de xuño os alumnos e pais do CEIP Sárdoma-Moledo acudimos ao asteleiro ARMON para ver un barco

atunero e un oceaográfico en construcción. Grazas á colaboración de Eduardo, o pai dun alumno que traballa neste

asteleiro pudimos ver os barcos por dentro. Vimos dous barcos ancleros que sirven para por as anclas nas

plataformas petrolíferas. Visitamos un deles que estaba rematado, paseamos por os comarotes, salón, porto de

mando, estivemos co capitán,etc..Os nenos non perderon detalle de todas as explicacións que moi amablemente

Chema, o responsable, deulles en toda a visita. Rematamos a visita dándolle unhas sentidas GRAZAS.

EDUCACIÓN VIAL 05-04-13

Coma todos os anos, no CEIP Sárdoma-Moledo celebramos a xornada de Educación vial, nas que os rapaces e rapazas aprenderon a circular correctamente tanto sendo peóns, coma condutores, xa que o noso centro está dotado dun circuíto que semella un percorrido real, con rotondas, semáforos, sinais verticais e horizontais... ata había policías que multaban ós que non respectaban as normas de circulación!


ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013

Xa están aquí as fotografías do Entroido que celebramos o pasado 8 de febreiro no cole, cun desfile. O tema deste ano foi o dos inventos e descubrimentos.


Este é o enlace do vídeo que prepararon as nais e pais da ANPA.

MOITAS GRAZAS.


Nadal 2012

Festival de Nadal 2012

O pasado 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Aquí tendes algunhas imaxes das actuacións que preparamos o alumnado, o claustro e monitoras das actividades extraescolares.

 

 

Tamén podedes ver o vídeo que prepararon as nais e pais do ANPA, ós que lles agradecemos a súa participación e colaboración. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut