Skip to Content

CHARLA DE ASTRONOMÍA

En Abril, os nenos de 6º de Ed. Infantil e os de 1º, tivemos a sorte de ter unha mestra moi especial... unha profe da Universidade de Vigo de Astrofísica! Explicarnos moitisimas cousas da nosa Terra, do Sistema Solar, da Galaxia Via Láctea, do Universo en xeral.Foi moi ameno e ao rematar fixemos unha pequena práctica do que acontece cando un meteorito choca contra unha superficie como a Terra ou a Lúa.

VISITA AO AEROPORTO

O día 4 de Abril os nenos de 1º visitamos o Aeroporto de Peinador. Alí explicáronnos  como debemos facturar as maletas, como funciona o control de seguridade, e como sería o proceso de embarque. Tamén puidemos ver una maqueta do aeroporto. Na segunda parte da visita, fomos ver os bombeiros que traballan no aeroporto(os camións e as súas vestiduras ), así como as aves(águia e lechuza) que espantan a outras aves das pistas para que non se produzan accidentes. Foi unha saída moi divertida e na que aprendemos moito!

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos no centro o “Día da Paz” adicándolle este día a Nelson Mandela. Unha das actividades consistiu en que cada curso escollera unha frase célebre de Mandela que decoraron entre todos/as para, posteriormente, explicala e colocala unha a unha nun tablón. Feito isto, un/una neno/a de cada curso completou un puzzle cuxas pezas forman a cara de Mandela. Finalmente, acabamos a celebración cunha canción que nos cantaron os/as nenos/as de 1º.

TEATRO EN INGLÉS

Espectáculo divertido, motivador, musical e participativo.

A Música feita en directo: Acordeón, flautas, guitarra, pandeiro, tambor, panderetas…

Os animais da selva resolven os seus conflictos dunha maneira amistosa e colaborativa. 

A historia traballa os valores: amistade, cooperación, traballo en equipo, alegría, a paz para a comunidade de habitantes da selva.

Un espectáculo interactivo e musical.

O alumnado estivo traballando durante quince días un caderno de traballo de 22 paxínas aprendendo moitas expresións e vocabulario en inglés.

Traballamos as destrezas de expresión e comprensión orais , de expresión escrita e a interacción na primeira lingua estranxeira.

Unha experiencia tan satisfactoria para os rapaces que teñen ganas de repetir e vivir novas aventuras.

 

 

FOTOS NADAL

Este ano o festival de Nadal tivo coma protagonista ao “Apalpador”, unha personaxe propia de Galicia que se dedicaba a coidar nenos e nenas, ademais de encher o seu bandullo con castañas.

A primeira actuación correu a cargo dos nenos e nenas de 6º de Primaria, consistente en contar un conto, facer un baile e cantar unha canción vestidos de “apalpador”. De seguido actuaron os nenos e nenas de Infantil, primeiro os de 5º cantaron e bailaron a canción “Somos amigos”; despois os de 4º cantaron a canción “Fun ao mercado” e, finalmente os de 6º cantaron unha canción creada por eles e disfrazados de planetas. Seguidamente, viñeron as actuacións de toda Primaria: os de 6º bailaron unha canción típica de Grecia; os de 1º cantaron a panxoliña “Na casa da miña avoa” e os de 2º “Xa me tardan estes magos”; a continuación os de 3º recitaron, entre todos, poesías das catro estacións; os de 5º cantaron e tocaron con flautas e percusión con vasos a canción de “Serenade”; e , finalmente, remataron coas actuacións os de 4º, primeiro tocando a “Polca da cereixa” con botellas de auga e despois facendo o baile da canción “Twelve days of Christmas”.

E, como remate do festival, a ANPA organizou a actuación da “Fada dos Soños”.

TEATRO-IMPÓRTANOS

O día 12 de decembro o alumnado do terceiro ciclo asistimos, no auditoiro do Concello de Vigo, ao espectáculo titulado “ Antía, Wamba e o regato pequeno”, a cargo de compañía de teatro A Tropa de Trapo.

        Neste espectáculo contáronnos catro contos, os mesmos que lle contou Wamba a Antía, un por cada anaco de bocadillo que ela lle regalou.

        Os contos de Wamba falaban de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir, de valorar o importante... contos para sentir e pensar.

        Ao final dixéronnos que a xente pequena coma nós, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo, xa que o río, como dicía a avoa de Wamba, énchese de regatos pequenos.

ACEITES ESENCIAIS

 

            O mércores, día 27 de novembro, o alumnado do terceiro ciclo asistimos a un obradorio sobre o proceso que se segue a partir de plantas, flores e herbas aromáticas, na elaboración de aceites esenciais, hidrolatos e augas florais.

            Este obradoiro estivo a cargo de Marcelo que nos explicou as diferencias que existen entre estes produtos naturais; non só na súa elaboración senon tamén nas súas propiedades e beneficios, sobre todo para a nosa pel.

            Mentras atendíamos a esta explicación e comprobábamos os diferentes aromas de hidrolatos, aceites esenciais e esencias; nun alambique, do que aprendimos as súas partes e o seu funcionamento, estábase a facer un hidrolato de menta do que, ao final do proceso, levamos unha mostra.

SAÍDA AO CENTRO HÍPICO ALAZÁN

Os/as nenos e nenas de Infantil estivemos na escola hípica “El Alazán”, onde disfrutamos de momentos máxicos e divertidos

cos cabalos e os ponis. En canto chegamos fixéronnos unha foto e un/unha a un/unha montamos nun cabalo moi simpático que despois nos

fixo unha demostración de todas as súas habilidades na pista de terra saltando diversos obstáculos. Unha vez feita a demostración veunos saludar e tocámolo todos/as.Tamén vimos aos ponis e visitamos as cuadras onde nos presentaron a todos os cabalos da escola hípica e, finalmente, ensináronnos o que comen.  Pasámolo moi bien e temos un recordo maravilloso desta experiencia cos cabalos.

MAGOSTO

Comezamos a festa do MAGOSTO comendo castañas asadas nunha fogueira e un bocadillo de chourizo que estaba boísimo.

E despois de disfrutar dunha boa comida comezan os xogos populares en distintas zonas, cada dez minutos soaba unha sirea e cambíabamos de xogos,

rotando todos os cursos por todos os xogos.

Na pista vermella xogamos a  “Tiro de corda", á  “Castaña por detrás” cos nenos e coas nenas de Primaria, corre que o tes que coller!!!!! e ao "xogo do reloxio", coidado co aro!!!!! 

Na pista de terra,  xogamoso á “A mariola ou mariquitilla”, qué recordos da infancia!; “As casiñas. Rodas de coches”, xulgade vós a alegría destes cativos neste xogo.

Espalda erguida, excelente control motor e enriba un sorriso. Así da gusto! “Carreira de castaña na culler”, xogo nº 6.

Os nenos e as nenas das clases de infantil foron agrupados polo color dos gomets que lles puxemos nas mans. Deste xeito interactuaron nenos de 4º, cos de 5º e 6º.

 xogaron ao  lanzamento da castaña, xogo nº7; ao xogo do pañueliño por detrás, temos o da castaña por detrás, o nº 8.

Cómo nos custou ter os olliños pechados, eh!

  E para rematar cos xogos populares temos aquí o nº 9, “O salto da rá”, onde fomos rás para levar a castaña ata o final do pequeno circuito de aros.

 

 

Por último, e para rematar coa festa do Magosto, os nenos e nenas de Primaria fixeron bailar os seus trompos, pero qué artistas!!!!!

Saída ao VERBUM, O mundo dos Monicreques

Primeiro e segundo curso visitamos O Museo Verbum.Os nen@s disfrutamos coa exposición e representación dos monicreques.Mostráronnos os elementos empregados na súa fabricación e a manipulación dos fíos.

O que máis nos gustou da actividade foi a interpretación dos monicreques.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O xoves, día 21 de novembro, o alumnado do 3º ciclo, asistimos a un “obradoiro de regueifas”.

            Este obradoiro impartido por Luis e Tito, resultou moi entretido e divertido e ademais aprendemos moitísimo.

            Comezaron cunha regueifa na que nos nomearon a algúns de nós. Despois para explicarnos o que é unha regueifa, a súa composición, ritmo, ritma  e como lle chaman noutras comunidades e noutros países volveron compoñer unha regueifa.

            Para finalizar tivemos que “regueifar” nós; primeiro coa súa axuda, dous de nós dabamo-la ritma e o resto facía o ritmo; e despois, xa sen axuda, eles déronos o ritmo e/ou ritmas e nos fixemos as composicións, foi moi divertido.

VISITA A FARO DE VIGO

O mércores día 6 de novembro os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, fixemos unha saída as dependencias do Faro de Vigo en Chapela.

            Ao chegar fixéronnos unha foto que saíu publica no especial “A Escola do Faro” do día 12.

            Unha vez dentro, comezaron por dicirnos que o Faro de Vigo é o “Decano da prensa nacional” e o que isto significa, tamén nos dixeron que neste mes o periódico cumple 160 anos. A continuación  comezou a visita, primeiro á redacción onde nos explicaron os pasos a seguir para realizar a enmaquetación das noticias, despois á sala de conferencias onde nos explicaron o siginificado dos diferentes termos periodísticos (sección, antetítulo, entradilla, destacado, pie de foto, entrevista,... ) e tamén vimos un vídeo no que nos mostraban a andadura do Faro dende os seus comezos ata hoxe en día. Para finalizar visitamos o rotativo que non puidemos ver en funcionamento xa que é a partir das doce da noite cando comeza a traballar.

            Foi unha visita moi entretida e aprendemos moito.

VISITA AO MUSEO LISTE

O día 5 de Novembro visitamos o Museo Liste. Ao chegar, agardábanos unha sorpresa… íamos celebrar a festa do Samaín!   Contáronnos a lenda desta tradicción,  coñecimos a Bruxa do museo que somentes se fai visible nestas datas…e presentounos a alguns trasnos amigos seus ¡Qué divertido! ¡Canto rimos!

 Despois as monitoras guiáronnos polo museo explicándonos para que se empregaban todos aqueles aparellos antigos que tal vez usaron os nosos bisavós…  O tear para tecer o liño e o algodón, a prancha de carbón , as artesas, chaves enormes de ferro, graneiros no tronco dos castiñeiros, farois e semáforos de barco, pócimas de curandeiros, o torno dos conventos de clausura, a roda do afiador, a palmeta do mestre…o caxato do pastor… uf! Unha chea de cousas que nunca viramos. Foi moi interesante e pasámolo moi ben.

HORA DE LER

Todos os días despois do recreo, adicamos quince minutos á lectura en todas as clases. Encántanos ler contos, poesías, libros de aventuras e viaxes, de natureza e cencias, atlas e ata diccionarios…Descubrimos historias fascinantes que nos regalan escritores moitas veces pouco ou  nada coñecidos, pero sempre importantes.

VOLEIBOL

No 2012 naceu a Escola de Voleibol. Participamos no Campionato Provincial con tres equipos benxamíns e un alevín e tamén organizamos cinco xornadas no Pavillón de Sárdoma.  Durante o presente curso esperamos consolidar esta actividade.

SAMAIN 2013

En Galicia Samaín, En Irlanda Halloween* unha festa divertida onde intercambiamos tradicións e culturas gracias á auxiliar de conversación NorIrlandesa e a colaboración chipriota do Proxecto Leonardo con poemas en inglés, o Conxuro en galego, xogam os ao Apple Bobbing, houbo disfraces, cabazas decoradas, xogos, a visita dos pais da ANPA cun regalo de TRUCO e TRATO,   e  sobre todo...moitas risas

VIGO RECICLA

 


O 8 de outubro os nenos de 2º,3º e 4º de Primaria recibimos no Colexio a Recicliño e Recicliña, uns héroes vigueses da Reciclaxe (Son os que máis reciclan de Galicia) e nós queremos ser coma eles!!).

Ensináronnos como separar na casa os productos reciclables e levalos aos colectores sen equivocarnos,pois hai algún que teñen trampa… e hai que fixarse ben. 

Tamén nos advertiron que antes de reciclar, se é posible, é mellor reutilizar.

Mirade as bolsas e camisetas que nos regalaron!!

Distribuir contido


by Dr. Radut