As xornadas de Voleybol os sábados están a tope con máis de 15 equipos participando, moito público nas gradas e o noso alumnado esforzándose por superarse e deixar o pavillón alto!. Asegúrovos que o ambiente é moi agradable.
Disfrutamos coa visita da escritora Fina Casalderrey e ter unha oportunidade única de contarnos cousas, impresións, anécdotas e momentos co poder da palabra. Houbo moita expectación e o alumnado pediu asinar os seus libros. Aprender a escoitar.
Organizáronse Obradoiros en moitos espazos do colexio con temas diferentes: Cociña, Bailes, Xeografía, Xogos, Monumentos...etc....Nesta primeira ocasión tocoulle a España...foi ameno, interesante, moi didáctico e moi ben organizado. Repetiremos....con outros países de Europa.
BUENOS VÍAS CHARLIE!! unha emisora de radio local en FM 93:30 que veu ao noso colexio e os alumn@s de 2º e 4º de primaria grabaron un programa cheos de ilusión. E con moito sentido do humor. Moi Bem!.
Gracias a Charlie e Carlos...os locutores da emisora por facernos pasar uns momentos tan divertidos e ter unha experiencia inesquecíbel.
A profe Pilar traballou nus obradoiros de cociña para aprender a facer unha Tortilla de Patacas. Os nenos e nenas aprenderon mogollón. Unha xeración preparada, claro que si. Por certo, a tortilla estaba perfecta...e sabrosísima.
O Pavillón do noso colexio vai facer de anfitrión para acoller os torneos de Voleibol nesta temporada 2014-2015. Estamos entusiasmados e hai moita ilusión.
Gracias ao traballo de Uxío e os equipos formados nas categorías de alevín e benxamín. Invitámosvos os sábados a animalos nun ambiente moi saudable.
En colaboración coa Asociación de Veciños de Sárdoma e os Obradoiros de Musica Tradicional da Asociación do Carballo disfrutamos dunha sesión de concerto e algún alumno do colexio como Judith fixo demostración das súas habilidades tocando o piano. Foi unha experiencia moi agradable.
O xoves día 29 de outubro celebramos O Samáin con cancións, menús de bichos para os pequenos de Infantil, BoB Apple, refráns en galego e inglés, O Conxuro da Queimada, a pócima das bruxas, risas e con Edel que lle puxo un pouco de acento irlandés. Qué divertido!!...