Skip to Content

2º Curso

SESION ZOOM

Ola de novo:

 

Retomamos con normalidade os días das reunións en ZOOM pero cun novo ID : 654 107 84 90 e novo contrasinal: 2020

Por se non vos acordades deixo outra vez aquí os horarios de cada grupo e nomes dos nenos.

Procurade entrar en cada grupo na hora correspondente xa que os grupos están feitos cun mesmo número de nenos/as. CADRO ALUMNOS

 

 LUNS ( GRUPO A), MERCORES ( GRUPO B) e VENRES ( GRUPO C)  de 11:00h a 12:00h

e logo LUNS ( GRUPO B), MÉRCORES ( GRUPO C) e VENRES ( GRUPO A) de 12:00 a 13:00h.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola familias:

 

Vamos a por outra semana!! ...Aproveitando que xa temos os libros e sabemos que algún de vós tendes moitas ganas de volver a escribir neles, esta semana o traballo será dos libros do terceiro trimestre. Así, se tendes algunha dúbida xa a solventamos a través das videochamadas, ou algunha explicación que se precise tamén a faremos por medio da reunión.

 

LUNS 1 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: MOEDAS E BILLETES. Faremos as páxinas 150 e 151. Para facer os exercicios se o precisades, tendes o material manipulativo de moedas e billetes para empregar. 

- Na área de LINGUA CASTELÁ: Lectura e comprensión, páxinas 132-133 e 134.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: creo que o seguinte que nos tocaba eran OS ANIMAIS INVERTEBRADOS, páxinas 66, 67 e 68. Se temos algo de antes sen rematar tamén o podedes ir facendo.

- EN VALORES: Como sabemos que vos gustan moito os CORTOS imos visionar o seguinte chamado MONSTERBOX. Logo ides a escribir que valor se transmite, e que vos parece a vós este corto, que compartides vós cos vosos amigos, por qué son amigos?.

 

MARTES 2 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Hoxe faremos PROBLEMAS CON DIÑEIRO, páxinas 152 e 153. 

- Na área de LINGUA CASTELÁ: Repasaremos os PRONOMES PERSOAIS ( xa os víramos en galego) da páxina 135 e repasaremos tamén MP/MB  das páxinas 136 e 137.

- En LINGUA GALEGA: Lectura e comprensión das páxinas 132-133 e 134.

- En CIENCIAS SOCIAIS: OS ECOSISTEMAS, páxinas 60 e 61. e A ORIENTACIÓN da páxina 65.

 

MÉRCORES 3 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: repasaremos a TÁBOA DO 6, páxinas 154 e 155.

- En LINGUA CASTELÁ : Lectura e comprensión páxinas 138 e 139.

- En LINGUA GALEGA: O ADXECTIVO, xa o traballamos bastante nas oracións, páxina 135 e o BR/BL das páxinas 136 e 137.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: faremos as actividades de repaso do tema páx70 e 71.

 

XOVES 4 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Traballaremos OS CORPOS XEOMÉTRICOS, páxinas 156 e 157.

- En LINGUA CASTELÁ: OS DIÁLOGOS TEATRAIS, páx 140 e 141.

- En LINGUA GALEGA: Lectura e comprensión da páxina 138 e 139.

- En CIENCIAS SOCIAIS: seguiremos repasando os ecosistemas das páx.62 e 63 e unha lectua sobre as ILLAS CÍES da páxina 64.

 

VENRES 5 XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Seguimos cos PROBLEMAS, páxinas 158 e 159.

- En LINGUA GALEGA: A CARTA, páx.140 e 141 e unha de repaso páx142.

- En VALORES:  hoxe veremos outro corto, EL HOMBRE ORQUESTA,  logo escribiremos que valor traballan neste corto RIVALIDADE ou COMPARTIR? Despois diremos en que situacións vos COMPARTIDES en que situacións reflexades RIVALIDADE. Se queredes podedes intentar debuxar ao señor orquesta.

- En PLÁSTICA: como esta semana estivemos traballando os animais, na páxina 74 do libro de ciencias da natureza propóñennos unha actividade relacionada cos animais. Aproveitando os materiais que teñades pola casa ( cartóns de zume, leite, botellas de plástico, corchos...) faremos un animal , o que queirades, un ou dous... e logo podedesnolo enviar ao correo para ver as vosas creacións.

 

ÁNIMO!!

 

 

SESION ZOOM

Ola familias:

 

Como xa sabedes, mañán será o día da entrega do material que quedou nas aulas antes da declaración da pandemia, polo que non haberá sesión de ZOOM.

 

Sentímolo moito... Para a vindeira semana seguiremos co horario establecido anteriormente a este inciso e cos mesmos grupos, de luns,mércores e venres.

 

Un saludo das titoras.

SESIONS ZOOM

 

 Ola de novo a tod@s:

 

 Este luns, mañán por motivos personais non podemos facer as videochamadas. Entón reagrupamos os grupos de luns cos de mércores e venres.

Quedaría da seguinte maneira:

MÉRCORES GRUPO A+B DE 11;00H A 12:00 E GRUPO C DE 12:00 A 13:00H.

VENRES GRUPO C DE 11:00H A 12:00H E LOGO GRUPOS A + B DE 12:00 A 13:00H.

 

Estamos intentando adaptarnos as problemáticas de cada familia pero é IMPOSIBLE que estea ao agrado de todos e todas.

Sintomos moito as molestias que poidamos ocasionar, a nós este método de traballo tampouco nos gusta. Preferimos voltar ás aulas e estar con todos os nosos nenos e nenas. Na medida do posible intentamos facelo o mellor que podemos e sabemos. 

 

Moitas grazas pola vosa comprensión

 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola familia...

Imos a por outra semaniña. 

Recordade que todas as actividades que se poidan facer na libreta non as imprimades, no é preciso. 

 

LUNS 25 DE MAIO

-Na área de MATEMÁTICAS: Hoxe seguimos repasando a MULTIPLICACIÓNS e unha ficha de RESTAS LEVANDO para que non se nos olviden.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: faremos unha LECTURA E COMPRENSIÓN "La rana Croak"

- En CIENCIAS DA NATUREZA: imos a seguir co traballo interactivo sobre o RECICLAXE , neste visionaredes un pequeno vídeo ( xa dentro da actividade ) para recordad os materiais e a que colectores van, RECICLAXE2.

- VALORES: como sabemos que vos gusta moito o cortometraxe de CUERDAS, estas dous días de valores ímoslle dedicar a él. Primero veremos de novo o VIDEO, aínda que seguro que vos acordes de moitas cousas e logo imos respostar ás unhas preguntas. Deixamos aquí o ENLACE , sólo tendes que ir ás páxina 6 e 7.

 

MARTES 26 DE MAIO

- Na área de MATEMÁTICAS: Actividade de HORAS/RELOXOS e unha de PROBLEMAS.

- En LINGUA CASTELÁ: Traballaremos o VOCABULARIO SOBRE OS PIRATAS. Despois podédela colorear.

Ademais ides a escribir o ABECEDARIO e ordenar alfabéticamente as seguintes palabras: careta, zumo, visera, pelota, bolígrafo, árbol y galleta.

- LINGUA GALEGA: Repasaremos o SUXEITO E PREDICADO, que nos axudan ao análise das oracións.

- En CIENCIAS SOCIAIS: Hoxe será sobre OS RELOXOS DE AUGA. E RELOXOS 2

 

MÉRCORES 27 DE MAIO


- Na área de MATEMÁTICAS:Unha ficha de SERIE DE 3 EN 3 e APROXIMAR os seguintes números a centena máis próxima: 427, 213, 168, 590, 310, 632, 777, 858, y 941.

- En LINGUA CASTELÁ: Ortografía de completar  CON G/ J E  OUTRA DE S/X. Como estas son moi cortiñas unha para que inventedes un DIÁLOGO a partir do comezo dado.

- En LINGUA GALEGA: ao igual que fixemos a semana pasada con matemáticas, esta semana deixamos o ENLACE do libro de LINGUA para facer as páxinas 38 e 39. Recordade deixar un pouco de tempo para que cargue.


- En CIENCIAS DA NATUREZA: unha tarefa sobre AS CARIES e COMPRENSIÓN

 

XOVES 28 DE MAIO

- Na área de MATEMÁTICAS: Do libro de matemáticas as páxinas 16 e 17. ENLACE DO LIBRO.

- En LINGUA CASTELÁ: LECTURA E COMPRENSIÓN.

- En LINGUA GALEGA: PÁXINAS 30 E 31 do mesmo enlace do libro de lingua de onte.

- En CIENCIAS SOCIAIS : Dúas tarefas sobre as PAISAXES  E PAISAXES NATURAIS E TRANSFORMADAS

 

VENRES 29 DE MAIO

 - Na área de MATEMÁTICAS: PÁXINA 27 e 36 do enlace do libro.

- En LINGUA GALEGA: Unha tarefa do libro da PÁXINA 33 e unha SOBRE O SUXEITO E PREDICADO.

- En VALORES: Seguimos coa actividade do corto CUERDAS, e respostando a unhas CUESTIÓNS ( PÁXINAS 12 E 13).

- En PLÁSTICA: imos facer unha actividade creativa, libre, con macarróns, arroz, lentellas, cos alimentos que queirades unha figura,( paisaxe, personaxe.. o que se vos ocurra).

SESION DE ZOOM PARA MAÑAN MERCORES CANCELADA

Boas noites familia: 

 

Como xa comentamos na sesión de onte, mañán mércores non imos ter videochamada xa que temos nós reunión do colexio ás mesmas horas... Sentímolo moito.

Entón, para que todos os grupos teñades as mesmas sesións e horas esta semana O VENRES SOLO IMOS TER SESIÓN CO GRUPO C. 

GRAZAS POLA VOSA COMPRESIÓN.

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Xa estamos de volta, outra semana máis e xa van quedando menos.. Ánimo chic@as!

 

Estas son as actividades desta semana:

LUNS 18 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: hoxe faremos práctica de RELOXOS e RELOXOS DAS VOSAS RUTINAS nesta última teredes que escribir as horas en analóxico e dixital nas que facedes as vosas rutinas ( a que hora vos levantades, a que hora vos deitades, a que hora almorzades, comedes...MULTIPLICACIÓNS para seguir traballando as táboas.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: esta semana vamos a facer traballo dos libros.. deixovos aqui os enlaces de cada páxina para que leades, sen imprimir, e fagades os exercicios na libreta ou folios, onde os soledes facer. Imos reforzar os ADXECTIVOS E AS PALABRAS TERMINADAS EN ILLO/ILLA . PAX 26E 27.

Para visualizar as páxinas tendes que esperar a que aparezaca o libro na páxina principal e logo ir pasando as páxinas na pestaña que vos aparece na marxen dereita.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: VIDEO SOBRE O APARATO RESPIRATORIO  e unha FICHA SOBRE O APARATO RESPIRATORIO. Podédela facer interactiva ou se preferides en papel.

- En VALORES: OCA DE VALORES

 

MARTES 19 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: ÁBACOS e logo ides a aproximar ás DECENAS OS SEGUINTES NÚMEROS: 84,21,47,39 e ás CENTENAS: 147, 583, 869.

- Na área de LINGUA GALEGA: como o domingo foi o DIA DAS LETRAS GALEGAS, dedicado a RICARDO CARVAHLO CALERO, esta semana nas sesións de lingua imos traballar sobre él. Deixovos o arquivo completo para que primeiro leades a súa biografia e as súas obras para logo completar as actividades. Hoxe faremos a páxina 3,4,5 e 6.

 - En LINGUA CASTELÁ: seguimos co libro, faremos as páxinas 30 e 31. O POEMA.

- En CIENCIAS SOCIAIS: tarefas sobre AS NECESIDADES DAS PERSOAS 1 E 2.

 

MÉRCORES 20 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: Hoxe tamén faremos tarefas do libro. Deixo aquí o ENLACE, páxinas 14 e 15.

- En LINGA GALEGA: seguiremos coas LETRAS GALEGAS: páxinas 7,8,9 e 10.

- En LINGUA CASTELÁ: LECTURA E COMPRENSIÓN . Páxinas 4 e 5 . 

- En CIENCIAS DA NATUREZA: Imos visualizar este video para APRENDER CURIOSIDADES SOBRE O NOSO ESQUELETO.

  * Que é máis forte, o óso do noso corpo ou unha barra de ferro?

  * En qué parte do noso corpo temos máis ósos?

  * Cal é o óso máis longo e o máis pequeno?

  * Cómo se chaman os ósos que teñen as xirafas no pescozo?

  * POr qué teñen máis ósos os bebes que os adultos?

 

XOVES 21 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: repasaremos as PROBLEMAS.

- En LINGUA GALEGA: Páxinas 11,13, 14 e 15 das LETRAS GALEGAS. 

- En LINGUA CASTELÁ: Hoxe tócanlle aos CÓMICS1 e 2  que creo que vos gustan.. 

- Na área de CIENCIAS SOCIAIS: Fichas sobre O SISTEMA SOLAR 1 E 2. Aquí vos deixamos un VIDEO por se non vos acordades dalgunha cousa.

 

VENRES 22 DE MAIO:

- En MATEMÁTICAS: MULTIPLICACIÓNS E PROBLEMAS.

- Na área de LINGUA GALEGA e PLÁSTICA: as últimas páxinas 16,17,18,19,20 e 21. Nesta páxina 21 e onde faremos o dexuxo de plástica SOBRE A FAMILIA.. Aproveitando que o pasado  día 15 tamén foi o día da FAMILIA. Podedes ultilizar o formato que queirades, e os materiais que máis vos gusten.

- En VALORES.  Un ENCRUCILLADO SOBRE AS EMOCIÓNS.

 

SESIÓN ZOOM PARA MAÑÁN MÉRCORES 13

Ola a tod@s:

 

Sólo veño a recordar a sesión de mañán de ZOOM. Como xa dixemos a semana pasada, desde esta, estamos facendo grupos máis reducidos para ver se así a plataforma da menos erros.

Cos dous grupos que tuvemos onte non tuvemos ningún polo que esperemos que cos de mañán tampouco.

 

Por se non vos acordades deixo outra vez aquí os horarios de cada grupo e nomes dos nenos.

Procurade entrar en cada grupo na hora correspondente xa que os grupos están feitos cun mesmo número de nenos/as para evitar fallos. CADRO ALUMNOS

 

 LUNS ( GRUPO A), MERCORES ( GRUPO B) e VENRES ( GRUPO C)  de 11:00h a 12:00h

e logo LUNS ( GRUPO B), MÉRCORES ( GRUPO C) e VENRES ( GRUPO A) de 12:00 a 13:00h.

 

 

Gracias pola vosa comprensión.

Vémonos mañán

TAREFAS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola familias:

Esta semana será un pouco máis longa xa que non temos ningún festivo e polo tanto, toca un día máis de tarefas.

Acordadevos que nos apartados da esquerda da páxina tendes MÚSICA, ED. FISICA, RELIXIÓN, INGLÉS e para os nenos e nenas que acoden a AL E PT  os apartados de ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 

Esta semana as tarefas son as seguintes:

 

LUNS 11 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: PROBLEMAS, DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS 

- Na áre de LINGUA CASTELÁ: SEPARA LAS ORACIONES e EMPARELLA O MASCULINO CO FEMININO

- VALORES: RECOÑECE AS EMOCIÓNS

- En CIENCIAS DA NATUREZA: ETAPAS DA VIDA1   E ETAPAS DA VIDA 2

 

MARTES 12 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: seguimos cos PROBLEMAS e RESTAS LEVANDO.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: seguindo o modelo das fichas escolleredes un heroe e faredes unha DESCRICIÓN seguindo as preguntas de HEROES 2.

- En LINGUA GALEGA: LECTURA E COMPRESIÓN 

En CIENCIAS SOCIAIS: vamos a repasar o ALDEAS/ VILAS E CIDADES 1 E 2

 

MÉRCORES 13 DE MAIO:

- En MATEMÁTICAS: FICHA DE MULTIPLICACIONS e outra de DESCOMPOSICIÓN.

- En LINGUA CASTELÁ: SEPARA EN PALABRAS, unha ficha de COMPLETA CON Y ou LL e unha de INFERENCIAS, xa que son moi cortiñas.

- Na área de LINGUA GALEGA: hoxe tócalle a EXPRESIÓN ESCRITA.

En CIENCIAS DA NATUREZA: faremos unha LECTURA sobre OS ANIMAIS VERTEBRADOS E COMPRENSIÓN

 

XOVES 14 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: repasamos as HORAS E MULTIPLICACIÓNS.

- En LINGUA CASTELÁ: encontrade A ORACIÓN CONTRARIA1 E CONTRARIA2 e outra de RODEA O VERBO E SUBLIÑA O PREDICADO nas oracións.

- Na área de LINGUA GALEGA: LECTURAS E COMPRENSIÓN

- En CIENCIAS SOCIAIS: O PASO DO TEMPO e O PAIS ONDE VIVIMOS

 

VENRES 15 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: DÍAS DA SEMANA 1 E DÍAS DA SEMANA 2. Logo nunha folla de libreta ou folio escribir con letra os seguintes números: 871, 147,213,529,368,492,634,729,955.

- Na área de LINGUA GALEGA: hoxe serán actividades ineractivas. COMPLETA COAS PALABRAS e LECTURA COMPRENSIVA

- En VALORES: unha tarea parecida ao do luns, moi cortiña RECOÑECE AS EMOCIÓNS.

- En PLASTICA: algo parecido a semana pasada. Nesta ocasión intentaredes reproducir as figuras, mellor se é nunha folla cuadriculada pero senón non pasa nada, nun folio en blanco. FIGURAS SIMÉTRICAS

 

SESION ZOOM VENRES 8

Boas tardes:

 

Mañán temos sesión de videochamada e despois de probar varias plataformas e de falar con diferentes compañeiros que nos din que cando son moitos na sesión tamén lles da fallos, imos probar a facer o seguinte.

 

Seguiremos empregando a mesma plataforma, ZOOM, de momento pero con grupos máis reducidos.

Aquí vos deixamos o enlace cos diferentes grupos . CADRO GRUPOS.

Mañán para comprobar se así da menos fallos dividiremos a sesión en tres:

- GRUPO A conectaremos de 11:00 a 11:30h

- GRUPO B conectaremos de 11:30 a 12:00h

- GRUPO C conectaremos de 12:00 a 12:30H

 

O ID e CONTRASINAL son os mesmos que na última sesión de martes.

 

Se todo vai ben, faremos unha distribución para que, igualmente, todos os grupos teñan dúas sesións de videochamadas semanais.

Empezaríamos LUNS ( GRUPO A), MERCORES ( GRUPO B) e VENRES ( GRUPO C)  de 11:00h a 12:00h

e logo LUNS ( GRUPO B), MÉRCORES ( GRUPO C) e VENRES ( GRUPO A) de 12:00 a 13:00h.

 

Calquer dúbida xa nola comunicades por correo electrónico.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut