Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Xa estamos de volta, outra semana máis e xa van quedando menos.. Ánimo chic@as!

 

Estas son as actividades desta semana:

LUNS 18 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: hoxe faremos práctica de RELOXOS e RELOXOS DAS VOSAS RUTINAS nesta última teredes que escribir as horas en analóxico e dixital nas que facedes as vosas rutinas ( a que hora vos levantades, a que hora vos deitades, a que hora almorzades, comedes...MULTIPLICACIÓNS para seguir traballando as táboas.

- Na área de LINGUA CASTELÁ: esta semana vamos a facer traballo dos libros.. deixovos aqui os enlaces de cada páxina para que leades, sen imprimir, e fagades os exercicios na libreta ou folios, onde os soledes facer. Imos reforzar os ADXECTIVOS E AS PALABRAS TERMINADAS EN ILLO/ILLA . PAX 26E 27.

Para visualizar as páxinas tendes que esperar a que aparezaca o libro na páxina principal e logo ir pasando as páxinas na pestaña que vos aparece na marxen dereita.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: VIDEO SOBRE O APARATO RESPIRATORIO  e unha FICHA SOBRE O APARATO RESPIRATORIO. Podédela facer interactiva ou se preferides en papel.

- En VALORES: OCA DE VALORES

 

MARTES 19 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: ÁBACOS e logo ides a aproximar ás DECENAS OS SEGUINTES NÚMEROS: 84,21,47,39 e ás CENTENAS: 147, 583, 869.

- Na área de LINGUA GALEGA: como o domingo foi o DIA DAS LETRAS GALEGAS, dedicado a RICARDO CARVAHLO CALERO, esta semana nas sesións de lingua imos traballar sobre él. Deixovos o arquivo completo para que primeiro leades a súa biografia e as súas obras para logo completar as actividades. Hoxe faremos a páxina 3,4,5 e 6.

 - En LINGUA CASTELÁ: seguimos co libro, faremos as páxinas 30 e 31. O POEMA.

- En CIENCIAS SOCIAIS: tarefas sobre AS NECESIDADES DAS PERSOAS 1 E 2.

 

MÉRCORES 20 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: Hoxe tamén faremos tarefas do libro. Deixo aquí o ENLACE, páxinas 14 e 15.

- En LINGA GALEGA: seguiremos coas LETRAS GALEGAS: páxinas 7,8,9 e 10.

- En LINGUA CASTELÁ: LECTURA E COMPRENSIÓN . Páxinas 4 e 5 . 

- En CIENCIAS DA NATUREZA: Imos visualizar este video para APRENDER CURIOSIDADES SOBRE O NOSO ESQUELETO.

  * Que é máis forte, o óso do noso corpo ou unha barra de ferro?

  * En qué parte do noso corpo temos máis ósos?

  * Cal é o óso máis longo e o máis pequeno?

  * Cómo se chaman os ósos que teñen as xirafas no pescozo?

  * POr qué teñen máis ósos os bebes que os adultos?

 

XOVES 21 DE MAIO:

- Na área de MATEMÁTICAS: repasaremos as PROBLEMAS.

- En LINGUA GALEGA: Páxinas 11,13, 14 e 15 das LETRAS GALEGAS. 

- En LINGUA CASTELÁ: Hoxe tócanlle aos CÓMICS1 e 2  que creo que vos gustan.. 

- Na área de CIENCIAS SOCIAIS: Fichas sobre O SISTEMA SOLAR 1 E 2. Aquí vos deixamos un VIDEO por se non vos acordades dalgunha cousa.

 

VENRES 22 DE MAIO:

- En MATEMÁTICAS: MULTIPLICACIÓNS E PROBLEMAS.

- Na área de LINGUA GALEGA e PLÁSTICA: as últimas páxinas 16,17,18,19,20 e 21. Nesta páxina 21 e onde faremos o dexuxo de plástica SOBRE A FAMILIA.. Aproveitando que o pasado  día 15 tamén foi o día da FAMILIA. Podedes ultilizar o formato que queirades, e os materiais que máis vos gusten.

- En VALORES.  Un ENCRUCILLADO SOBRE AS EMOCIÓNS.

 

AdxuntoTamaño
RELOXOS1.pdf157.64 KB
rutinas-diarias-horas.pdf29.17 KB
MULTIPLICACIONES-RÁPIDAS-UNA-CIFRA-protegido-39.pdf191.14 KB
OCA-DE-LAS-EMOCIONES-Y-EL-AUTOCONCEPTO.pdf381.42 KB
ABACOS DESCOMPOSICION.pdf196.66 KB
ACT_2_ED_PRIMARIA LETRAS GALEGAS.pdf1.04 MB
CRUCIGRAMA EMOCIONES.pdf518.42 KB
CUADERNILLO RESTAS LLEVANDO-20.pdf11.42 KB
Colección-de-problemas-para-2º-de-Primaria-18.pdf129.53 KB
hacer-un-cómic.pdf465.28 KB
Crear-un-cómic-2.pdf288.23 KB
multiplicaciones-de-un-numero-de-dos-cifras-por-un-numero-de-una-cifra-fichas-1-100-13.pdf1.97 KB
Colección-de-problemas-para-2º-de-Primaria-22.pdf173.12 KB
plan mejora sociales-10.pdf199.28 KB
plan mejora sociales-11.pdf79.49 KB
plan mejora sociales-30.pdf160.37 KB
plan mejora sociales-31.pdf99.53 KB


page | by Dr. Radut