Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola familias:

 

Vamos a por outra semana!! ...Aproveitando que xa temos os libros e sabemos que algún de vós tendes moitas ganas de volver a escribir neles, esta semana o traballo será dos libros do terceiro trimestre. Así, se tendes algunha dúbida xa a solventamos a través das videochamadas, ou algunha explicación que se precise tamén a faremos por medio da reunión.

 

LUNS 1 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: MOEDAS E BILLETES. Faremos as páxinas 150 e 151. Para facer os exercicios se o precisades, tendes o material manipulativo de moedas e billetes para empregar. 

- Na área de LINGUA CASTELÁ: Lectura e comprensión, páxinas 132-133 e 134.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: creo que o seguinte que nos tocaba eran OS ANIMAIS INVERTEBRADOS, páxinas 66, 67 e 68. Se temos algo de antes sen rematar tamén o podedes ir facendo.

- EN VALORES: Como sabemos que vos gustan moito os CORTOS imos visionar o seguinte chamado MONSTERBOX. Logo ides a escribir que valor se transmite, e que vos parece a vós este corto, que compartides vós cos vosos amigos, por qué son amigos?.

 

MARTES 2 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Hoxe faremos PROBLEMAS CON DIÑEIRO, páxinas 152 e 153. 

- Na área de LINGUA CASTELÁ: Repasaremos os PRONOMES PERSOAIS ( xa os víramos en galego) da páxina 135 e repasaremos tamén MP/MB  das páxinas 136 e 137.

- En LINGUA GALEGA: Lectura e comprensión das páxinas 132-133 e 134.

- En CIENCIAS SOCIAIS: OS ECOSISTEMAS, páxinas 60 e 61. e A ORIENTACIÓN da páxina 65.

 

MÉRCORES 3 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: repasaremos a TÁBOA DO 6, páxinas 154 e 155.

- En LINGUA CASTELÁ : Lectura e comprensión páxinas 138 e 139.

- En LINGUA GALEGA: O ADXECTIVO, xa o traballamos bastante nas oracións, páxina 135 e o BR/BL das páxinas 136 e 137.

- En CIENCIAS DA NATUREZA: faremos as actividades de repaso do tema páx70 e 71.

 

XOVES 4 DE XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Traballaremos OS CORPOS XEOMÉTRICOS, páxinas 156 e 157.

- En LINGUA CASTELÁ: OS DIÁLOGOS TEATRAIS, páx 140 e 141.

- En LINGUA GALEGA: Lectura e comprensión da páxina 138 e 139.

- En CIENCIAS SOCIAIS: seguiremos repasando os ecosistemas das páx.62 e 63 e unha lectua sobre as ILLAS CÍES da páxina 64.

 

VENRES 5 XUÑO

 

- Na área de MATEMÁTICAS: Seguimos cos PROBLEMAS, páxinas 158 e 159.

- En LINGUA GALEGA: A CARTA, páx.140 e 141 e unha de repaso páx142.

- En VALORES:  hoxe veremos outro corto, EL HOMBRE ORQUESTA,  logo escribiremos que valor traballan neste corto RIVALIDADE ou COMPARTIR? Despois diremos en que situacións vos COMPARTIDES en que situacións reflexades RIVALIDADE. Se queredes podedes intentar debuxar ao señor orquesta.

- En PLÁSTICA: como esta semana estivemos traballando os animais, na páxina 74 do libro de ciencias da natureza propóñennos unha actividade relacionada cos animais. Aproveitando os materiais que teñades pola casa ( cartóns de zume, leite, botellas de plástico, corchos...) faremos un animal , o que queirades, un ou dous... e logo podedesnolo enviar ao correo para ver as vosas creacións.

 

ÁNIMO!!

 

 



page | by Dr. Radut