Skip to Content

Tarefas

Brinca Vai

Que ben o pasamos hoxe na biblioteca. Veu Paco Nogueiras autor do CD Brinca Vai. Aquí tendes as fotos da súa actuación.

Nesta semana das letras galegas, moito ánimo aos nenos e nenas que alomenos intentan falar en galego!

 

 

Contacontos con Kalandraka

Da man da editorial Kalandraka, os nenos de 5 anos e de 2º A e 2ºB , puideron participar en contos musicados en galego. Como ben vedes nas fotos, estivo moi entretido.

 

 

Caricaturas de Filgueira Valverde

Ola rapaces! Como ben sabedes neste colexio hai moitos artistas. Un claro exemplo do que dicimos son estas fabulosas caricaturas feitas por Diego e Marta de 5º.

Caricaturas   Caricaturas

Proba

Ás veces hai xente que pensa que o galego está obsoleto. Dende aquí dámoslles algunhas razóns para que opinen o contrario. Premede no enlace e poderedes ver canto uso se pode facer do galego nas novas tecnoloxías:

O galego nas novas tecnoloxías

 

paquetes ofimáticos sistemas operativos software libre
software para empresas correctores tradutores automáticos
dicionarios en rede Navegadores TDT
Conversor texto-voz buscadores telefonía móbil
reprodutores mp3 e mp4 Sistemas para construir blogs Auditor de accesibilidade web

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seminario Galán

O Seminario Galán agasállanos cada curso cunha abondosa produción de recursos didácticos que teñen como eixe a figura homenaxeada o Día das Letras. Premede neste enlace para acceder a eles:

Seminario Galán

Pasa-palabra de Xosé Filguiera Valverde

Pensades que sabedes todo sobre Xosé Filgueira Valverde? Intentade facer este marabilloso pasa-palabra:

Pasa-palabra

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Como ben sabedes para a semana que vén celébrase o día das letras galegas. Este ano o autor homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde. Se queredes saber máis información sobre este autor premede na seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_fernando_filgueira_valverde

ARBORES PRIMEIRO CICLO

Aquí nos deixan os nenos e nenas de primeiro ciclo o seu traballo. Botádelle unha ollada, é estupendo! E se queredes saber máis sobre elas... xa sabedes tedes o symbaloo nunha entrada anterior!


 

ADOPTA UNHA ÁRBORE

No proxecto de fomento do uso do galego, este ano continuamos co coñecemento das árbores que rodean o noso centro. "Adopta unha árbore" é o título desta actividade que nos ten inmersos a todo o colexio. Para introducirvos o tema deixámosvos un symbaloo para que saibades máis delas.

Symbaloo

Recomendacións lectura

Estades aburridos, non sabedes que libro ler... Acordádevos das nosas recomendacións de lectura!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut