Skip to Content

Tarefas

Telexornal Medieval

Ola a todos/as:

Mañá celébrase en Galicia o día das Letras Galegas. Como sempre dende o cole facemos actividades para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado. Cremos que a mellor maneira de acercar a lingua galega aos nenos e nenas é usalo dunha maneira divertida. Como este ano estamos a traballar sobre a Idade Media, que mellor maneira que facer una telexornal Medieval. Aquí o tedes (estade atentos xa que nas vindeiras semanas haberá outro máis):

CONCERTO MAMÁ CABRA

 

O venres 13 de maio visitounos a grupo musical Mamá Cabra. Pasámolo moi ben: cantamos, bailamos,...

CONCERTO MAMÁ CABRA by Slidely Slideshow

 

 

Último número

Parabéns a todas as clases polo voso traballo. Xa por fin podedes ver o resultado premendo na imaxe. 

O meu soño é

Os nenos e nenas de 1º teñen moitos soños, ao igual que Manuel María. Algúns deles podédelos escoitar neste vídeo:

Cantando a Manuel María

As nenas e nenos de 1º interpretaron unha canción baseada en varios poemas de Manuel María. Fixádevos, que ben o fixeron!

 

Manuel María

Con este fermoso cartel lembramos a Manuel María, autor homenaxeado neste 2016 o día das LETRAS GALEGAS, os nenos e nenas de 2º

Os soños na gaiola

Este ano os nenos e nenas de 1º , 2ºA e 2º B  fixemos como Manuel María e metemos os nosos soños na gaiola:

Calendario 2016

Todos levaredes na carpeta o noso calendario 2016. Só tendes que descargar no móbil ou na tablet un lector de código QR e a escanear... Todos os meses teñen un xogo tradicional interpretado por algunha aula da escola. Así que animádevos a descubrir onde están os vosos fillos:

Os Bolos Celtas

Os compañeiros de 4ºB presentan...

Os Bolos Celtas.

 

O xogo da billarda

Que ben explican os nenos e nenas de cuarto B o xogo da billarda. Botádelle unha ollada .

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut