Skip to Content

Tarefas

Abecedario en galego

Fixádevos nesta estupenda actuación dos nenos e nenas de 1º. Con eles aprenderedes o abecedario en galego. Premede na imaxe e veredes!

Conto recitado de 2ºA

Esta vez tocoulle a quenda aos nenos e nenas de 2ºA con un estupendo conto titulado: "Unha pantasma con asma". Mirade que ben o fan:

https://www.youtube.com/watch?v=0Ot392-kk2w#action=share

 

A troita de 2ºB

Benvidos un curso máis ao noso espazo. Este ano colgaremos tamén aquí as actuacións en galego que se vaian facendo no colexio. Comezamos cun recitado moi bonito que fixo 2ºB titulado "A troita":

https://youtu.be/2c9PYZNeLP8

O galego tamén conta, conta co galego!

Dende o colexio amosámonos orgullosos do galego. Como todos os anos, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxemos un tema sobre o que facer os nosos cartaces. Este curso foi: "Conta co galego".

Todos os clases dende Infantil ata 6º traballamos moi duro e aí vos vai o resultado:

Que pasou o

Que pasou o... Este traballo realizouse coa colaboración da biblioteca. Consistiu na busca de información a través da internet para elaborar, con novas de distintos xornais, un libro. Este libro recolle información sobre os homenaxeados o día das letras galegas recompilando dende o 2006 en adiante.

Maios

Como vimos facendo estes últimos anos, o xoves baixamos todos a facer o noso maio. Quedounos moi bonito, non si? 

Conto en galego

Despois de pensar un pouco pensamos que falta algo máis por engadir. Que será? Mirade o que fixeron os nenos e nenas de 4º: UN CONTO! Acordádevos de que hai máis á vosa disposición no blogue da biblioteca.

 

conto en galego from Lucía Galego López on Vimeo.

Muiñeira

Como vistes nas últimas entradas nestes días temos un pouco de todo, biografía do autor, pasatempos, revista...Fáltanos algo de música, pero cos nenos e nenas de terceiro isto solucionouse. Aquí tedes a actuación do festival: a ritmo de muiñeira!

 

Festival letras galegas

O venres celebramos o noso festival. Aquí está un resumo do mesmo.

 

 

Revista 2015

Parabéns a todas as clases polo voso traballo. Xa por fin podedes ver o resultado premendo na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut