Estimadas familias:
Debido ás circunstancias tan especiais nas que nos vemos inmersos, irei colgando ao longo dos días diversos materiais para afianzar e repasar algúns contidos xa dados. Durante estas semanas os consellos básicos son:
Intentar facer unha rutina de traballo, na medida do posible. Ir facendo as fichas que xa vos proporcionei o xoves( lingua, lengua e mate).
Ler un pouquiño todos os días e facerlle preguntas sobre o que van lendo.
Cálculo mental, ir preguntando sumas e restas con números iguais, amigos do 10, do 20, do 30, do 40 e do 50 (eles xa saben posto que o facemos todos os días na clase)
Xogar ao aforcado, tres ou catro en raia, palabras encadenadas...
Moito ánimo!
Lucía