Ola de novo! A actividade que propoño para todos estes días é facer como nesta ficha. Colledes un folio e ben vós, ben os vosos pais,intentades copiar este cadro. Así como estades a ler moito, ides a intentar encher a ficha cos libros que leades.
A ficha que está adxunta é un exemplo de como podedes facer. Como a letra que tedes non é tan pequena coma a do cadro, podedes poñer nunha cara do folio título, personaxe principal, descrición física e descrición psicolóxica e na outra cara do folio os outros apartados. Veredes que divertido! Cando poidamos ir á escola, faremos moitas actividades divertidas con todo isto. Moito ánimo!!
Tamén vos deixo noutra ficha exemplos de adxectivos, algúns son un pouco dificiles, pero tedes que centrarvos nos que xa coñecedes.
Evidentemente, se o libro que ledes é en lingua castelá o faredes nesa lingua e se é en galego pois o enchedes en galego.
Ollo! para ver as fichas debedes premer en arquivos adxuntos, abaixo a esquerda.