Skip to Content

1º Curso

1º B

Aquí vos deixamos a actuación dos nenos de 1º B!

 

Como se debuxa unha paisaxe.

Mirade que sinxelo é debuxar unha paisaxe!<

Cambiamos a 2º

Benvidos ao curso 2016/2017! Como ben sabedes xa imos para segundo así que nesta nova andaina tedes que ver toda a información na pestana de 2º. Deixamos 1º e metémonos á esquerda como sempre onde pon 2º curso. Alí encontraredes xa a lista de material.

Visita ás Fragas de Sisalde

Rematamos o curso cunha visita ao entorno próximo. Nesta ocasión fomos ás Fragas de Sisalde. Viñemos cansados de tanto andar, fixo moita calor!! Aquí vos deixo un video sobre o noso percorrido e aproveito para desexarvos unhas felices vacacións!! O esforzo foi moito así que agora toca disfrutar do verán!!

 

Resumo do proxecto do teatro

E xa para rematar co proxecto do teatro. Aquí están os nosos compañeiros camuflados, facéndonos un resumo:

 

 

Videochamada

Imos rematar o curso como o empezamos, coa presencia de Dani. Que ilusión nos fixo velo de novo... ainda que estaba moi lonxe... Así aprendimos a diferencia entre chamada, videochamada, e-mail e mensaxería instantántea. Ademais preguntámoslle moitas cousas sobre o país no que estaba. Aquí vos deixo un brevísimo momento da súa chamada:

 

Teatro en Europa

E con este vídeo xa rematamos co teatro en Europa, pero atención que o proxecto aínda o acabaremos para a semana que vén cunha sorpresiña...

 

Teatros modernos

Xa para rematar co teatro en Europa, hoxe estivemos vendo as partes dun teatro moderno: a platea(patio de butacas), os palcos, e o paraiso máis frecuentemente chamado o galiñeiro. Estivemos vendo o Teatro Real, en Madrid, un dos máis importantes de España e de Europa.

 

Niño

Onte poidemos observar de preto un niño de carrizo. Parecíanos increible que puidese coller un paxaro alí dentro...

Maio

Onte estivemos a facer o noso maio. Todos trouxemos fiunchos, fieitos, flores...Mirade!

Distribuir contido


by Dr. Radut