Skip to Content

Blogues

Benvida

Estimadas familias:

Neste vindeiro curso 2021/2022, o titor vou ser eu, Marco. 

A reunión xeral de pais/nais terá lugar o luns 13 de setembro ás 17:00 horas. Debido ás condicións sanitarias só poderá asistir unha persoa por familia. Sería conveniente que trouxerades un boligrafo xa que se precisará asinar certa documentación.

Na reunión falaremos e resolveremos todas as dúbidas que poidades ter respecto á incorporación do sistema E-Dixgal, é dicir, da implantación do libro dixital nos centros educativos.

Por último, lembrar que vou adxuntar tamén a lista de material aquí na web, pero tamén entregareina impresa mañá aos rapaces e rapazas para que a leven para casa.

Para mañá é suficiente con que traian o estuche con boli e lápis.

Un saúdo!

Marco

Inicio do curso 2020/2021

Ola a todas e a todos! 

Para o comezo deste curso 20/21 tan atípico, estiven programando unhas reunións con todos os pais e nais para o martes día 8, no que se dará información acerca dos detalles máis importantes para o inicio das clases.

Para todos aqueles e aquelas que non poidades acudir á reunión, vou pasar a salientar o máis importante:

- Cada neno ou nena ten que traer unha máscara de reposto gardada na mochila nunha funda ou pequeno sobre.
- O comezo das clases é o venres día 11 de setembro.
- A aula de 4º será a que tiveron o ano pasado.
- A hora de entrada será de 8:55 a 9:05 POLA PORTA LATERAL.
- A hora de saída será coma sempre ás 14:00 POLA PORTA PRINCIPAL.
- Prégase máxima puntualidade á hora de recoller o neno ou nena á saída, xa que unha vez fóra do recinto non poden volver entrar.
 
Saúdos!

Actuación: O piollo e a Pulga.

Esta foi a actuación dos rapaces de 5anos B no día da súa graduación.

 

 

Despedimos o curso.

Despedimos o curso rapeando e que ben se nos da!

 

Xunto co profe Juan Carlos cantamos a canción "O Rap do Galego"

Adiós ríos, adiós fontes.

"Adiós ríos, adiós fontes" para despedir o curso e a etapa

 

 

 

Tamén tivemos un pouco de baile no que actuaron alumnas de 5º e 6º.

 

 

 

Ademáis das actuacións en grupo, unha das alumnos actuou en solitario tocando varias pezas coa frauta traveseira:

 

 

 

 

Judith encargouse de pechar o festival e de despedirse en nome de todos os compañeiros de 6º.

 

 

Moita sorte, rapaces!!

Festival fin de curso.

Os alumnos de 5º de Primaria fixemos varias actuacións para despedir o curso: un par de bailes e un Rap moi orixinal chamado "O Rap do Galego".

 

 

Festival fin de curso.

O pasado 22 de Xuño celebramos o Festival para despedir o curso.

En 3º preparamos a canción "O Jai Jai" acompañando coa frauta xunto co profe Juan Carlos.

 

 

Festival fin de curso.

 

O pasado 22 de Xuño celebramos o Festival para despedir o curso.

 

En 4º B preparamos un baile-precusión coa canción de Mamá Cabra "No baile", onde se recrean varios bailes tradicionais.

 

 

 

 

 

En 4ºA prepararon unha serie de chistes.

 

 

Roteiro Litoral.

 

Despois dunha semana pasada por auga, por fin escampou!

Terceiro e 4ºB marchamos para coñecer o Litoral da nosa localidade. Foi unha das actividades que máis lles gustou. 

 

Preme na imaxe  para ver o album. IREMOS ENGADINDO O RESTO DAS FOTOS.

 

 

 

 

 

 

 

 

Roteiro Litoral.

 

Despois dunha semana pasada por auga, por fin escampou!

Terceiro e 4ºB marchamos para coñecer o Litoral da nosa localidade. Foi unha das actividades que máis lles gustou. 

 

Preme na imaxe  para ver o album. IREMOS ENGADINDO O RESTO DAS FOTOS.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut