Skip to Content

Blogues

QUIDDITCH MUGGLE CON DEMENTORES CORUÑA

O pasado 31 de marzo o alumnado de 4º de E.P. recibiu no colexio a visita do Club Dementores Coruña.

Da man de Iago, César e Ignacio, dentro das sesións de educación física o alumnado coñeceu e aprendeu un novo e máxico deporte alternativo; o "QUDDITCH MUGGLE"

O Quidditch Muggle é unha adaptación escolar do Quidditch, xogo ficticio inventado por J.K. Rowling nas novelas de Harry Potter, co cal miles de mozos e mozas de hoxe en día practican actividade física.

A  continuación amósanse 2 vídeos coas lembranzas dese día practicando o Quidditch Muggle.

Vídeo 4ºA

 

 

Vídeo 4ºB

Moitas grazas ao Club Dementores Coruña pola súa visita e enseñarnos a practicar o Qudditch Muggle.

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

Para conmemorar o Día da Muller, dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade de orientación coa finalidade de coñecer referentes femeninos no deporte.

Esta actividade levouse a cabo cos grupos de 4º A e 4º B.

4º A

4º B

 

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

ENTROIDO 2023 5º E.I. (Promoción 21/24)

Saúdos Familias,

Este entroido desfrutamos moito, xa que al fin volvemos a completa normalidade.

Durante a semana pasámolo pipa obedecendo os mandadiños do Meco, xogando cos elementos de disfraz que tíñamos nun recuncho da aula, pintando as nosas caras,... 

E o venres da festa puidemos desfrutar dun fermoso día soleado, saír a rúa a alegrarlle a mañá os veciños, e compartir cosas familias unha merenda estupenda con chocolate e doces típicos de esta data.   

Aquí vos compartimos unas fotos.

 

 

NAVIDAD ROCK 5ºE.I. (Promoción 21/24)

Boas familias,

Aquí tendes a actuación tan animada que fixeron no Nadal os alumnos/as de 5º E.I.

Estiveron brillantes e puxeron todo o seu empeño no escenario.

Esperamos que vos guste.

Un saúdo 

 

DINOSAUROS NO NADAL 6º E.I. (promoción 20/23)

Queridas familias,

Aquí tendes a actuación dos maiores de educación infantil e os máis experimentados no escenario, que nos deleitaron cunha magnifica actuación.

 

Segurísimo que vos encantou.

Un saúdiño!

BURRITO SABANERO 4º E.I. (promoción 22/25)

Boas familias,

Deixámosvos por aquí o vídeo dos máis pequerrechos do cole, que no festival de Nadal, co seu Burrito Sabanero, fixeron as delicias de todos os alumnos/as do centro.

Espectacular a súa primeira actuación!!

 

 

Esperamos que o disfrutedes.

Un saúdo.

PROXECTO "A volta ao mundo"

Boas familias,

Aquí tendes un resumo do proxecto que realizamos no curso de 4º E.I.

Foi un proxecto moi chulo, que desfrutamos moitísimo  e aprendemos moitas cousas.

Un tema interminable que daríanos para aprender moitísimo de moitas culturas e costumes.

Esperamos que vos guste vernos.

 

Unha aperta moi forte.

 

CUMPLEANOS 1º TRIMESTRE 5º E.I. (promoción 21/24)

Queridas familias,

Aquí tendes os cumpleanos que celebramos no primeiro trimestre de este curso 2022/2023.

Estos cativos fanse maiores.

 

Cumpleanos curso 4º E.I. (promoción 2021/2024)

Boas tardes familias,

Xa sei que non estiven a compartir información con vos por aquí pero espero poñerme o día e contarvos e ensinarvos todo o que estivemos a facer neste curso.

Deixovos os enlaces os vídeos de cumpleanos do curso pasado por si alguén nos os vira.

Cumpleanos 1º trimestre.

https://youtu.be/ewmBhX6swKY

Cumpleanos 2º trimestre:

https://youtu.be/q_01y6pUt10

Cumpleanos 3º trimestre:

https://youtu.be/YsRI_JafSL0

Un saúdo.

Mireya

 

Distribuir contido


by Dr. Radut