O 17 de maio celebrouse o Día da reciclaxe. Debido a que é unha labor moi importante que todos debemos adoptar, é fundamental inculcalo nos máis pequenos.
Por iso, Celia Fernández comparte esta ligazón que elaborou sobre este día e a importancia da reciclaxe, así como un drag and drop no que poderedes xogar a reciclar!
Este domingo, 9 de maio celébrase o día de Europa. Celébrase a paz e a unidade do continente europeo. A data é o aniversario da histórica declaración de Schuman. Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, no que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixese impensable unha nova guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea
CONSERVAR A BIODIVERSIDADE É CRUCIAL PARA O CUIDADO DA TERRA E DOS SERES HUMANOS. POR ISO, HOXE, 22 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA PLANTANDO UNS XIRASOLES. COIDAREMOS DELES E VERÉMOLOS CRECER.
"A mellor herdanza que lle podemos deixarlle aos nosos fillos é amor, coñecemento e un planeta no que poidan vivir"