Este domingo 21 celebramos o Día da Lingua Materna
Actividade de dinamización lingüística que se emitirá a través de internet
Puño, puñete, de Baobab Teatro, é unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Ao mesmo tempo, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os nenos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir xogo tradicional -Puño, puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño, puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!?
ÁS 11:00 desde a Cidade da cultura de Galicia. Pódelo seguir aquí en streaming: https://bit.ly/3uau7Ie
Tivemos a sorte de recibir a Paula Carballeira, unha contacontos moi especial, grazas á participación no concurso de Tíralle da Lingua no que participou o alumnado de 5º de Primaria. Encantáronnos as súas historias de medo......
Hoxe, 3 de decembro celebramos o Día da discapacidade
Cada un de nós é como unha flor, co seu aroma, cor e textura únicos, todos igualmente fermosos. Iso si, aínda que sós sexamos xa belos como esas flores que emprego como metáfora, só xuntos podemos chegar a conformar un lustroso xardín.
Sexas como sexas, teñas as diferenzas que teñas, non te esquezas nunca de abrir o maior regalo que che deu e darache xamais a vida: ser ti mesmo. Ámache sen condición, ama a túa perfecta imperfección e sal aí fóra a xogar e, por suposto, a non renderche nunca.
CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Alumnado de 5° e 6°
Yo voy conmigo, de Raquel Díaz
A unha nena gústalle un neno, pero o neno non se fixa nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconséllanlle de todo: que se quite as coletas, as lentes, o sorriso, as pencas, as ás, que non sexa tan parlanchina. O neno por fin fixouse nela, pero, con tanto quitar, ata se foron os paxaros da súa cabeza. E a nena dáse conta de que xa non é ela e decide recuperar as súas coletas, as súas lentes, o seu sorriso, as súas pencas, as súas ás, as súas palabras...
SUPERLOLA Pesquero Rubio, Yolanda ; Muñoz Berraquero, Juan Antonio
Reflexionamos co alumnado sobre o valor da igualdade, o respecto á diferenza e a resolución pacífica de conflitos, a liberdade, o compañeirismo, a autoestima, a autonomía e o empoderamento, o gusto pola lectura, a libre expresión de emocións e as relacións afectivas saudables e igualitarias.