Segundo a ORDE do 7 de maio do 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2024/25, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:
- Adquisición de libros de EP 1º e 2º
- Material escolarde toda EP (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)
- Fondo de libros de EP 3º e 4º
Formas de presentación de solicitudes:
Só se presentará unha única solicitude para todos os irmáns que estean matriculados nun mismo centro educativo.
Excepto a presentación electrónica, 1 por cada alumno.
A solicitude é única, inclúe libros de texto e material escolar.
O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.
O alumnado que actualmente cursa 6º de EP deberá entregar a solicitude xunto coa documentación requerida no IES elexido.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do libro de familia de todas as páxinas onde figure o nome de calquera dos membros da familia computables a 31 de decembro de 2021 (orixinal e copias).
Se é o caso:
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador.
- Certificado ou volante de convivencia
- Grado de discapacidade.
Horario de presentación de solicitudes no centro:
O horario será de 8:45 a 9:30 horas martes, mércores e venres.
O alumnado poderá recoller o impreso en secretaría.
Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.