Skip to Content

RAQUEL QUEIZÁS "VIAXE DOS CONTOS POLA IGUALDADE"

Raquel Queizás veunos facer unha contada moi divertida onde descubrimos historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos dos contos tradicionais e identifican situacións onde a violencia física e verbal pode ter solución grazas á palabra. Seguiremos viaxando na liña da igualdade, respectándonos e empregando a palabra ante situacións discriminatorias ou violentas. Un forte aplauso novamente e moitas grazas por vir "Queliña"!

Álbum: Curso 23-24 -> Raquel Queizás, "Viaxe de contos pola igualdade"


Ponte a Zero

album | by Dr. Radut