Skip to Content

Admisión alumnado para centro adscrito

Xa está dispoñible o prazo para presentar a reserva para a admisión do alumnado do próximo curso nos centros adscritos.

Poden cubrir a solicitude de maneira online neste enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou ven cubrir o documento clicando na imaxe e entregalo no noso centro.

 

O prazo para isto é do 16 de xaneiro ao 6 de febrero.

A tecnoloxía con seguridade

Dende o Departamento de Orientación ofrécense unha información, moi interesante, a ter en conta sobre as tecnoloxías da información e da comunicación con algúns datos que, de seguro, vos sorprenderán.

Podedes botarlle unha ollada facendo click aquí ou na imaxe.

Chocolatada de Nadal

O último día previo as festas de Nadal desfrutamos no centro dunha gran chocolatada con rosca de reis incluída. Ademáis recibimos a visita de dúas personaxes moi importantes nestas datas e, por se isto fora pouco, os voluntarios da biblioteca recibiron un agasallo polo seu gran traballo. Foi un día completísimo.

Álbum: Curso 22-23 -> Chocolatada Nadal

Talleres de Nadal

Antes das vacacións desfrutamos dunha serie de talleres navideños compartidos coas familias que puideron vir a botarnos unha man na súa elaboración. Foi un día moi divertido e emocionante. Moitas grazas a todas as familias que puideron asistir.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Talleres de Nadal

Recomendacións lectoras do Nadal

Nestas datas tan sinaladas e cheas de ilusión e de tempo libre, que mellor forma de pasar un bo rato que lendo un bo libro.

Larapeto, dende a súa biblioteca, fai estas recomendacións lectoras (preme na imaxe para poder velas) e deséxavos un bo nadal e un feliz ano novo.

Ata o próximo ano!

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Recomendacións lectoras nadal

ECOPERCUSIÓN

Un ano máis participamos no obradoiro de Ecopercusión, creando música a partir de materiais de refugallo. Un obradoiro inclusivo que acolle a todo o alumnado a través da música. 

Desfrutamos moito seguindo os ritmos e explorando cos sons. 

SAÍDA AO MERCADO

O pasado mércores saímos ao mercado municipal de Pontevedra coa guía e acompañamento das monitoras do GANAPÁN. Para algúns e algunhas foi a primeira viaxe en bus e para os de 3 anos foi a primeira saída. 

Pasárono xenial e aprenderon moitas cousas!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

Como todos os anos nestas datas, dende o cole pedimos a vosa colaboración para realizar unha recollida solidaria de alimentos dende o xoves 15 ata o martes 20 de decembro. 

Se precisan: legumes, arroz, pasta, potitos de bebés, leite e en xeral todo tipo de alimentos non perecedeiros.

Moitas grazas pola vosa colaboración. Entre todos podemos facer unha gran labor con pequenos xestos.

25 N

O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica. 

Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!

 

 

PROCURANDO COGUMELOS.

Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois. 

Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non.
Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!

Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut