Skip to Content

XOGADE CO CEIP AMOR RUIBAL!

O pasado venres 15 de marzo a rapazada do cole tivo a sorte de poder xogar co alumnado dun dos nosos coles veciños, o colexio CEIP Amor Ruibal. Foi unha xornada moi divertida na que aprendemos, xogamos e coñecemos outros nenos e nenas da nosa idade. E xusto antes de marchar saiu o sol, así que puidemos disfrutar do noso patio e ensinarlle ós nosos compañeiros e compañeiras zonas de xogo libre e con elementos naturais que lles gustaron moito.

 

Álbum: Curso 23-24 -> XOGADE 23-24

SESIÓN DE JUDO CON 3º E 4º DE PRIMARIA

O pasado xoves 14 de marzo recibimos a visita de Alberto Guimeráns, mestre judoca do JUDO Club Campolongo.
Impartía unha sesión de xogos para iniciar ao alumnado de 3º e 4º de primaria nesta modalidade olímpica de orixe xaponés.
Foi unha preparación para a Xornada Intercentros do 19 de marzo a celebrar no Pavillón Municipal onde practicarán, entre outros deportes o Judo.
Grazas Alberto.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesión de Judo con 3º e 4º EP

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

O pasado venres conmemoramos o día da muller dando visibildiade ás mulleres olímpicas.

 

SAÍDA AO TEATRO E A NOSA ARTE 3º E 4º

O pasado mércores saímos ao Teatro da Fundación para poder desfrutar da peza teatral "Hugo" e sensibilizarnos coa realidade das persoas con autismo. Despois repuxemos forzas e asistimos ao Museo Café Moderno onde aprendemos moito da nosa arte e fixemos arte a través da robótica cooperativa. 

Álbum: Curso 22-23 -> Teatro e a Nosa Arte, 3º e 4º

SESIÓN DE ESGRIMA 3º E 4º E.P.

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria achegouse a modalidade olímpica de Esgrima da man dé Adrián mestre desta disciplina deportiva do Club Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra.
Practicaron as posicións básicas, a garda e diversos xogos. Estivo moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesión de Esgrima 3º e 4º

CONCERTO SINFÓNICO "O ENTROIDO DOS ANIMAIS"

No fin do entroido a rapazada do cole de Xeve foi a desfrutar do concerto sinfónico "O entroido dos animais" ó Teatro Principal de Pontevedra. Pese as adversidaades climatolóxicas desfrutamos moito e paasámolo moi ben.

Álbum: Curso 23-24 -> Concerto sinfónico "O entroido dos animais".

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro e estivemos completando con algunhas palabras en galego o mural que fixemos entre todo o colexio para recordar e aprender moito sobre a gran escritora galega. 

Álbum: Curso 23-24 -> Rosalía De Castro, 23 de febreiro de 2024

ADMISIÓN ALUMNADO

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

DO 1 AO 20 DE MARZO

Ábrese o prazo para presentar a solicitude de admisión para o curso 2024/25 dende o 1 ao 20 de marzo de 2024. Está dirixido a alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro ( nenos e nenas de 4º de Infantil ou aqueles que cambien de centro escolar).

As solicitudes cubriranse mediante o formulario normalizado (ED550B)  adxunto, descargable na aplicación admisiónalumnado, ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.

Poden presentarse:

Na sede electrónica da Xunta de Galicia ( precisase Chave 365 ou certificado dixital)

Na secretaría do centro.

(Para calquera dúbida chamar ao teléfono 886151906)

XORNADAS ESCOLARES XADREZ

Este mes de febreiro o adicamos nos recreos a fomentar a práctica do Xadrez.
 Temos diversos taboleiros nos recunchos dos correderos do colexio, e algúns libros expostos na zona da Biblioteca.
Ademáis o martes 20 o alumnado de 3º e 4º de primaria tivo a sorte de ter unha clase con Miguel, mestre da Escola Xadrez Pontevedra, na que lles ensinou os movementos de cada unha das pezas e lles mostrou páxinas web para practicar.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornadas Xadrez

XORNADAS DEPORTIVAS ESCOLARES 5º.

O mércores 21 de febreiro xuntámonos os coles de Xeve, Cabanas, Froebel, Isidora Riestra, Amor Ruíbal, SanJosé, Xunqueira I, Campañó e Villaverde co alumnado de 5º de educación primaria para unha xornada deportiva na alameda, Xardíns das Palmeiras e avenida de Montero Ríos en Pontevedra. 
Practicamos Loita Olímpica, Baile Moderno, Xogos Tradicionais e Carreira dé Orientación. 
Ademáis coñecimos como é un equipo de ciclismo da man do equipo ciclista SúperFroiz e aprendimos a facer a RCP (reanimación cardio pulmonar), a maniobra de Heimlich é que é un DESA da man da Escola de Enfermería de Pontevedra. 
Colaboraron na organizacio o alumnado de TSEAS (Técnico Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportivade Pontevedra. 
Álbum: Curso 23-24 -> Xornadas Deportivas Escolares 5º
Distribuir contido


by Dr. Radut