Skip to Content

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

De acordo cos estatutos da Asociación, o mandato da Xunta Directiva dura dous anos, polo tanto, procedemos a convocar de novo eleccións, que terán lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria de fin e curso.

Estas son as datas para o proceso:

       Presentación de candidaturas: do 03 ao 28 de maio de 2024, ata as 23:59 horas. As candidaturas enviaranse por e-mail á dirección anpa.stoandredexeve@nontedurmas.org co asunto “Candidatura Xunta Directiva ANPA”. Deberán incluír os nomes e apelidos das persoas candidatas e o seu NIF, e o apelido dos seus fillos para que podamos consultar con facilidade na nosa base de datos se esas persoas son socias da ANPA.

       Publicación das listas de candidatas/os: o 30 de maio de 2024, na web do CEIP Santo André de Xeve, por ABALAR e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA.

       Reclamacións ás listas: do 31 de maio ao 3 de xuño de 2024, enviando correo electrónico á dirección de e-mail da ANPA, ata as 23:59 horas.

       Celebración de eleccións e reconto de votos: o 07 de xuño de 2024 na Asemblea Xeral Extraordinaria, cuxa convocatoria se enviará proximamente por ABALAR  e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA.

       Publicación de resultados: o 10 de xuño de 2024 na web do CEIP Santo André de Xeve, por ABALAR e por whatsapp a través do canle de comunicación da ANPA, .

 

AUMENTA A FAMILIA!

Coa chegada de maio tivemos a sorte de poder seguir o proceso do nacemento dos novos membros do cole de Xeve, os pitiños! Todos os días pequenos e maiores pasamos a saudar os membros máis pequenos do cole antes de comezar a mañá e logo despedímonos antes de marchar. Seguide medrando, xogando e aprendendo pitiños!

Álbum: Curso 23-24 -> PITIÑOS

PONTENCIENCIA 2024

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 6º de E.P. participou na feira de Pontenciencia onde presentaron a súa investigación "A guerra química das plantas exóticas invasoras". Despois de meses de traballo e investigación chegaron ó momento de poñer en escena e expoñer todo o descuberto. Así durante dous días de feira científica compartiron con moito público dita investigación. Tamén tiveron a oportunidade de achegarse á ciencia, á tecnoloxía e  á investigación que se promove dende a Facultade de Vigo a través de varios talleres.

Noraboa ó noso alumnado por seguir medrando, aprendendo e ensinando!

Álbum: Curso 23-24 -> Pontenciencia

PIRAGÜISMO EN DRAGÓNS 5ºEP

O mércores 10 de abril o alumnado de 5º de primaria, xunto cos do mesmo curso do ceip San Bieito de Lérez visitou o Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. Alí coñeron o club e navegaron nun Dragón, embarcación de orixen chinesa.
Está actividade serviu de preparación para unha vindoira xornada de convivência con outros centros na praia fluvial do Lérez.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo en Dragóns 5ºEP

OBRADOIRO PEKERECICLA PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

O Pasado día 20 de marzo o alumnado de Educación Infantil desfrutou do obradoiro Pekerecicla sobre reciclaxe e compostaxe dentro do programa Ponte a Zero.  Foi moi interesante e divertido, e aprendimos un pouco máis a cómo coidar o noso planeta.

ROTEIRO INFANTIL POR PONTEVEDRA.

A rapazada do cole de Xeve fixemos un roteiro polo casco antigo de Pontevedra e coñecemos un pouco máis de onde veñen os nomes das prazas e como vivían antes na nosa vila. Antes de volver ó cole merendamos e xogamos un pouquiño no parque.

Álbum: Curso 23-24 -> Roteiro por Pontevedra.

NO PATIO XOGAMOS E APRENDEMOS!

Levamos meses dicindo que "Nunca choveu que non escamapara". Coa chegada da primavera e do sol aproveitamos o noso patio para xogar, explorar e aprender moitas cousas. 

Álbum: Curso 23-24 -> Patio e a primavera.

XORNADA INTERCENTROS 3º E 4º DE PRIMARIA NO PAVILLÓN MUNICIPAL.

O martes 19 de marzo o alumnado de 3º e 4º de primaria participou nunha Xornada deportiva Intercentros no Pavillón Municipal de Pontevedra.
Practicaron rugby cinta, judo, esgrima e xadrez.
Contamos coa colaboración do Judo Club Pontevedra, o Pontevedra Rugby Club, co Club Escola Hungaresa de Esgrima, a Escola Xadrez Pontevedra, o alumnado da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra e o alumnado de Técnico Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) de Pontevedra.
Tamén colaborou o Servizo de Deportes, o Concello de Pontevedra e Supermercados FROIZ.
Moitas grazas a todos.
Foi estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada Intercentros 6

CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA ILLA DAS ESCULTURAS 6ºEP. PROGRAMA XOGADE

O martes 19 de marzo o alumnado de 6º de primaria participou nunha carreira de orientación xunto con outros centros da contorna dentro do Deporte Escolar do programa Xogade.
Fixeron o recorrido en parellas  na Illa das Esculturas, ao carón do rio Lérez, na Xunqueira en Pontevedra.
Gustoulles moito a experiencia.

Álbum: Curso 23-24 -> Carreira de Orientación

SESIÓN DE RUGBY CINTA 3º-4ºEP

Hoxe luns 18 de marzo viñeron ao noso centro tres membros do Pontevedra Rugby Club para impartir unha sesión de Rugby Cinta ao alumnado de 3º e 4º de primaria.
Foi un achegamento a esta modalidade deportiva especialmente diseñada para introducir aos nenos e nenas no deporte do Rugby.
Estuvo moi ben e serviu para preparar a Xornada Intercentros de mañá no Pavillón Municipal.

Álbum: Curso 23-24 -> Sesion Rugby cinta 3º-4ºEP
Distribuir contido


by Dr. Radut