O pasado luns tivemos a sorte de voltar visitar O Salón do Libro en Pontevedra, onde fixemos distintas actividades e percorrimos as exposicións, onde pudemos atopar o noso propio traballo.
E, coma sempre, foi un gran pracer, saudar ao noso amigo Orbil!
Este ano celebramos de novo a Semana do Libro tal e como se merece.
Fixemos unha chea de actividades partindo do equipo de biblioteca, para animar á lectura e dar á literatura infantil e xuvenil a importancia que se merece.
Foi unha semana fantástica coa implicación de todo o alumnado e profesorado, onde non faltaron contacontos (a cargo de Tarabelos e Polo Correo do Vento), o tradicional mercadillo de libros usados, xogos de pregunta, a visita da autora Anair Rodríguez, deseño de colgadores, creación dun novo final para os contos tradicionais, e como non, a marabillosa actividade do "Apadrinamento Lector".
Podedes ver unha mostra de todo o que fixemos no seguinte vídeo:
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria recibimos no noso cole aos compañeiros do cole de San José para facer unha xornada de convivencia practicando algúns deportes menos coñecidos como floorball ou pelota canadiense.
O teatro veu a escola! Os cursos de 1º a 3º de Primaria desfrutamos dunha pequena obra de teatro sobre o coidado do medio ambiente e os diferentes elementos naturais.
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o museo do mar de Vigo. Coñecimos os distintos sistemas empregados na captura de moitas das especies das nosas costas. Visitamos un acuario con algunhas desas especies e rematamos a visita facendo un xogo de subastas coma se estivéramos nunha lonxa. Foi un gran día.
Álbum: Curso 22-23 -> Museo do mar de Vigo 3º e 4º
Para conmemorar o Día da Poesía tivemos no cole a visita da poeta Miriam Ferradáns, a cal fixo un obradoiro de poesía. Ademais, Larapeto fixo unha selección de libros de poesía que puidemos levar ás nosas casas.
O vindeiro 18 de abril celebraremos no cole unhas xornadas sobre CARDIOPROTECCIÓN-PRIMEIROS AUXILIOS. Estades convidad@s a vir á sesión de tarde para familias. Será GRATUÍTO para @s SOCIOS da ANPA e terá u prezo de 5€ para @s NON SOCIOS.
No documento adxunto tedes información sobre as Escolas de Familia que se desenvolverán despois de Semana Santa dende o Concello de Pontevedra dentro do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas.