Con motivo da conmemoración do día de Rosalía os nenos e nenas do Sto. André de Xeve decidimos celebralo tuneando unha das súas fotografías. Traballamos moito nesta actividade, dende os máis cativos, que hai que ver que retratos lle fixeron, ata os maiores que tamén nos esforzamos o noso. Homenaxeámola porque Rosalía deulle prestixio ó galego cando o usou como lingua para “Cantares Galegos”, afianzando así o rexurdimento cultural da lingua galega.
Quen lle diría a Rosalía que algún día tantos rapaces e rapazas conmemorarían o 24 de febreiro para lembrarse dela!
Pareceríalle incrible, verdade ?
Pois agora, se vos parece ben, vexamos a nosa exposición fotográfica e que a gocedes todos.
Aquí vos mostramos os traballos de Educación Infantil e os seleccionados de Educación Primaria.