Skip to Content

blogue deprofesorado

El increíble niño devorador de libros

A Enrique gústanlle os libros. Pero gústalle...comelos! Ata que un día colle un empacho e... Outra historia divertida que temos na Biblioteca e que poderás ler cando volvamos ao cole. Que ganas!!!

LEMOS NA CASA! -DÍA DO LIBRO

Despois dun furacán, o señor Lessmore queda atrapado na tristeza dun mundo gris. No medio da destrución ve unha muller que voa arrastrada por unha manchea de libros flotantes que a levan polo aire. A muller dálle un destes libros ao señor Lessmore e... Descubre que pasa nesta marabillosa historia!

Carta 4º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria escribíronse unhas cartas para contarse como estaban a pasar estos días. Todas xuntas lucen así de ben. 

Espero que vos guste.

 

Women Too! segue...

Presentamos a segunda parte: máis mulleres valiosas que fan cousas máis valiosas aínda para toda a humanidade. Buscade máis info sobre elas, investigade sobre os seus traballos. Sorprenderédesvos!

 

Women Too!

Na clase de inglés o alumnado de 6º estivo investigando sobre a vida e os logros de mulleres que case ninguén coñece, pero son importantísimas: científicas, investigadoras, loitadoras,... Mulleres que traballaron e traballan dun xeito constante, calado, "contra vento e marea". Mulleres admirables ás que todos debemos coñecer. Estas son algunhas.

 

               

             

              

               

 

 

"Se eu podo, ti podes"

Joel, proponnos como reto unha actividade futbolística. 

 

#demaiorSuperheroe

No C.E.I.P. Santo André de Xeve de maiores queremos ser... Superheroes.

Grazas a tod@s!

 

Maleta Viaxeira de Poesía

Este curso recibimos unha graaaan maleta chea de libros de poesía. Poemas para pequechos, para maiores, para pensar, para rir, para xogar... desfrutámolos na clase, levámolos para casa. A pena foi que a tivemos que devolver á Asesoría das Bibliotecas Escolares para que viaxara a outro colexio. Esperámola outro ano!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Libros recomendados para o nadal

Sempre é un bo momento cando desfrutamos da lectura. Aquí tedes uns poucos libros para tod@s.

MIGALLAS visita o cole

Coñecedes a Xulia Minguillón e a Frida Kahlo? Sónanvos Yayoi Kusama ou Sonia Delaunay? A nós si, porque pasamos un rato marabilloso con Migallas que nos explicaron, á súa divertida maneira, quen eran estas artistas. Cantamos, rimos e aprendimos moito!

Distribuir contido


by Dr. Radut