O pasado 9 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil visitaba o Museo do Mar en Vigo. Ademais de gozar das actividades propostas polo museo, desfrutaron dunha xornada de convivencia conxunta con merendola e tempo de lecer... Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron!
As rabechas son un comportamento normal no desenvolvemento, sempre e cando non se manteñan no tempo. Son máis frecuentes e intensas nalgúns nenos e nenas que noutros e empeoran cando están cansos, con fame ou con bastante malestar. Dende o departamento de orientación quixemos abordar este tema ofrecendo ás familias uns consellos para poder facer fronte a éstas situacións, que si non se abordan convintemente, poden supoñer unha inseguridade para os nenos e nenas, xa que necesitan ter límites que lle dean seguridade, ao mesmo tempo que necesitan aprender a facer fronte á frustración.
Podedes botarlle unha ollada facendo click aquí ou na imaxe.
Hoxe conmemórase o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. No noso centro, entre outras cousas, celebrámolo cantando un RAP: O RAP POLA PAZ. Esperamos que vos guste!
Ogallá acadar a PAZ fose tan sinxelo como cantar este RAP...
Un ano máis participamos no obradoiro de Ecopercusión, creando música a partir de materiais de refugallo. Un obradoiro inclusivo que acolle a todo o alumnado a través da música.
Desfrutamos moito seguindo os ritmos e explorando cos sons.
O pasado mércores saímos ao mercado municipal de Pontevedra coa guía e acompañamento das monitoras do GANAPÁN. Para algúns e algunhas foi a primeira viaxe en bus e para os de 3 anos foi a primeira saída.
O pasado 25 de novembro realizamos unha instalación artística co lema "NO COLE DE XEVE CAMIÑAMOS TOD@S XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" no que participou todo o cole. Grazas ás familias polas aportacións de zapatos que cada nen@ pintou de cor morada de forma simbólica.
Agardamos que nun futuro non teñamos que celebrar estas conmemoracións... Por un mundo en IGUALDADE e SEN VIOLENCIA!
Como todos os anos no último curso de primaria, realizamos a actividade para aprender a identificar cogumelos explorando o monte comunal de Santa María de Xeve acompañados por Miguel Lameiro, da asociación Brincabois.
Primeiro Miguel realizou unha charla sobre o mundo dos cogomelos para coñecer un pouco máis que son, como se reproducen, cal é a súa función, como debemos recollelos e sobre todo cales son as máis abundantes na nosa contorna e distinguir cales son tóxicas e cales non. Xa coas ideas claras, saímos aos montes da nosa contorna na procura destes fungos. A pesar do día (xa é unha tradición que chova nesta saída) tivemos unha gran colleita de cogomelos de todo tipo. Enchemos as cestas que levamos con nós!
Grazas á asociación Brincabois, logo puidemos realizar unha fantástica exposición no cole.
O venres 28 disfrutamos dunha xornada de terror moi especial: con contancontos, entrega de premios das cabazas e moita festa terrorífica! Esperamos que o pasaran de medo... Aquí vai a mostra!