Skip to Content

Novas

AVISO IMPORTANTE. COMUNICACIÓN CO CENTRO

Posto que tanto actividade presencial como trámites administrativos están suspendidos mentres dure esta situación, a comunicación co centro será a seguinte:

 

  • Co profesorado: Mediante AbalarMóbil, Espazo Abalar, EVA. Ou calquer outro medio que o profesorado indicara.

 

  • Con Dirección: Mediante o correo do centro, ceip.santarita@edu.xunta.es, ou de 10:00 a 13:00 nos teléfonos: 982870939, 618585049.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

Como sabedes, a información dende o centro ás familias se xestiona principalmente dende esta web e dende a app AbalarMóbil, de xeito que sexa doado acceso a ela, e xa que practicamente todos e todas dispoñemos dun smarphone. É por iso que unha maioría importante das familias do alumnado dispón desta app no seu móbil, pero non todas, aínda sendo útil, por iso decidimos facilitar o manual do espazo Abalar para familias no que, mediante o uso dun ordenador, se pode acceder ás mesmas ferramentas de comunicación.

Agradecemos que aquelas familias que non dispoñan da app polo motivo que sexa, sigan as instrucións deste titorial para poder acceder ao espazo Abalar dende un ordenador e así, á información.

O material e comunicación co profesorado será principalemte a través desta web e de Abalar

MANUAL DE USO DO ESPAZO ABALAR

INFORMACIÓN DE INTERESE ÁS FAMILIAS CON RESPECTO DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO MENTRES DURE O PERÍODO DE CONFINAMENTO

Queridas familias,

Entendemos que sodes coñecedoras das medidas provisionais e, que en términos xeráis, se están a tomar con respecto do ámbito educativo. Igualmente e querendo completar a información que podades ter e, de paso, resolver posibles dúbidas, aquí vos deixamos información máis concreta:

  • Período de suspensión de actividade lectiva no centro:

         -O Centro suspende a actividade lectiva e presencial con alumnado mentres non teña unha instrución que o indique, dende o luns 16. 

  • Material de traballo para o alumnado: 

          -Infantil e Primaria (agás 5º e 6º):

          A partir do luns 16 de marzo, cada titor ou titora se poñerá en contacto con vós, se non o fixo xa, principalmente por medio do AbalarMóbil e o Espazo Abalar, para indicarvos aquel material e actividades axeitadas para este período de tempo en que o alumnado non asiste ao centro. Asimesmo, o resto do profesorado tamén incluirá o seu material do mesmo xeito.

          -Primaria 5º e 6º:

         A partir do luns  16 de marzo, todo o persoal que imparte clase nos grupos de 5º e 6º xestionará as actividades e material a través da Plataforma EVA, xa coñecida polo alumnado destes niveis.

  • Contacto co centro:

           Posto que se suspenden todas actividades e plazos a nivel administrativo mentres se manteña esta situación, a comunicación das familias coas titoras e titores, así como co resto do profesorado, será polos medios que estes xa indicaran (mensaxería do AbalarMóbil, Espazo Abalar) e co Equipo Directivo do centro será a través da dirección de email: ceip.santarita@edu.xunta.es, ou nos teléfonos: 982870939 ou o 618585049

INSTRUCIÓNS SOBRE O CALENDARIO DE ADMISIÓN

Entre as medidas que recollen as Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais e dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación co covid-19, figura a seguinte en relación co proceso de admisión:

 "PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes."

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/2021. CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

NORMATIVA DE APLICACIÓN

  • DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

POSTOS ESCOLARES: Recóllense na táboa de vacantes recollida da proposta incluída na aplicación informántica:admisiónalumnado.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: 4 rutas de Transporte Escolar e Comedor Escolar (regulado polo decreto 132/2013, do 1 de agosto de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O.U.)

PRAZOS:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2020.
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar: do 23 de marzo ao 3 de abril do 2020.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos/as: até o 25 de abril do 2020.Poderase presentar reclamación perante o Consello Escolar nos 5 días hábiles posteriores á publicación da listaxe provisional de admitidos/as
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: antes do 15 de maio do 2020. Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante o/a titular da xefatura territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño do 2020.

 

FORMULARIO PARA DESCARGA: ANEXO II (formulario ED550B)

 

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE:

1.- Que (conforme ás instruccións da Consellería de Cultura, Educación e O.U.), a solicitude axustada ao modelo oficial Anexo II será a única  e presentarase no centro que se solicite en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2.-Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.-Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

MENÚ MARZO

ACTIVIDADES E PROXECTOS DE CENTRO

COMEDOR ESCOLAR. "GUÍA DE AXUDA PARA PROGRAMAR OS MENÚS ESCOLARES"(XUNTA DE GALICIA)

Queridas familias, nesta páxina á que pouco a pouco ímos incorporando información que vos pode resultar útil a moitos niveis, engadímoslle tamén, e coma neste caso, apartados novos nos que  procuramos ir actualizando a información relativa aos mesmos.

De entre as cousas que cremos que vos poden resultar útiles ou interesantes por múltiples motivos , como  arquivos varios ou información puntual: menús, normativa, aclaracións, está esta guía que a Xunta ofrece dende a súa páxina  http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/comedores.pdf ofrece e que aporta de xeito fácil e variado unha serie de recomendacións e exemplos de menús detallados, que aínda que orientados a Comedores Escolares, vos poden resultar útiles.

 

 

GUÍA DESCARGABLE

COMEDOR ESCOLAR. NORMATIVA

 "Enténdense como servizos de comedor os de xantar e os de atención aos usuariosnos períodos de tempo libre anterior e posterior da comida do mediodía, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais". Así reza o 2º punto do "Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación" do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería con competencias en materia de educación.

O servizo de comedor escolar, que empezou sendo unha oferta dos centros escolares con carácter compensatorio, é hoxe en día unha colaboración máis dos centros que facilita a conciliación familiar, pero que ademais supón parte da aprendizaxe e crecemento persoal do alumnado, de aí a súa gran importancia en todos os sentidos.

Este e outros motivos igual de importantes leváronnos neste curso a considerar, dentro das melloras plantexadas no centro, a unha revisión dos menús que se ofertaron nos últimos cursos. A variación realmente non é moi significativa posto que se manteñen moitos dos platos que figuraban anteriormente ata o punto de ter unha coincidencia de máis dun 85 por cento; o que en realidade se fixo foi reorganizar eses platos, engadir algúns novos e sobre todo, deseñar uns menús compensados e equilibrados como precisan e merecen os nosos pequenos e pequenas. Entendemos tamén que non podemos obviar a calidade na elaboración dos mesmos, polo que apostamos por productos frescos e variados.

Enlaces de interese de Comedores Escolares da Xunta de Galicia:

-"A Xunta de Galicia favorece os hábitos saudables nos menús dos escolares galegos"

-"Menús saudables no comedor escolar" Elaborado co departamento de pediatría da USC

Deixámosvos aquí a normativa vixente sobre Comedores Escolares:

-ORDE do 21 de febreiro de 2007

-DECRETO 132/2013, do 1 de agosto.

ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
 
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoríMANUa
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
Na sección correspondente desta páxina, pédese acceder tanto ao manual como a información máis ampla.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut