Skip to Content

Novas

AVISO IMPORTANTE: RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN. PARA O CURSO 20/21


Resolución do 5 de maio de 2020 (DOG 6/5/20
), da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES_____________________                                                    
Dende o 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.

XEITOS DE PROCEDER PARA PRESENTAR SOLICITUDE____________

      -Presentando a solicitude a través da aplicación informática "AdmisionAlumnado"  

         Manual para as familias

      -Presentando a solicitude presencialmente no centro:

  • O horario do centro para a presentación de solicitudes será de 10:00h a 13:00h e deberá pedir cita previa no teléfono 982870939.
  • Terá que vir un só adulto e aconséllase traer o impreso xa cuberto (poderá aclarar as dúbidas previamente por teléfono), e recórdase a importancia de respectar as recomendacións hixiénicas e de distanciamento social tal e como está estipulado.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR_________________________________

  • Anexo II asinado polo solicitante (pai/nai /representante legal). No caso de separación ou divorcio necesitarase a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
  • Fotocopia do DNI da/o alumna/o ou do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI do solicitante, e cando non se autorice a verificación de datos, tamén os dos membros computables da unidade familiar.
  • No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa da circunstancias que fundamentan esta petición.
  • En caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.
  • Certificado de empadroamento actualizado.
  • A documentación xustificativa de calquera circunstancia que se queira facer constar na baremación.

Comunicación co centro os días 1 e 4 de maio

Como sabedes, este venres día 1 de maio é día festivo e ademais, este centro ten  elexido e concedido o luns 4 de maio como día de libre elección, polo que, durante os días 1 e 4 de maio non teremos atención telefónica aínda que si se atenderán na medida do necesario, as consultas das familias feitas a través do Abalar Móbil ou do alumnado na mensaxería da aula virtual Moodle ou do EVA.

Retomaremos a atención telefónica no horario habitual ( de 10:00h a 13:00h ) o martes día 5 de maio.

TITORIAL PARA VIDEOCONFERENCIA (ALUMNADO)

Queridas familias,

Xa sabedes que o centro ten organizada a actividade docente cos distintos grupos, por distintos medios.

Para completar dita actividade, estamos organizando videoconferencias co alumnado, para o que é convinte que visionedes o titorial de uso de WEBEX, ferramenta que facilita a Consellería a tal fin.

 

CARTA DA TERRA

Como xa sabedes, hoxe, 22 de abril, estamos celebramos o Día Internacional da Nai Terra. Hai xa medio século que se vén celebrando esta data. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día coa idea de crear unha conciencia común aos problemas ambientais que estaba sufrindo a Terra nese momento, coa idea de protexela. Cincuenta anos máis tarde seguimos con esta idea, vémonos na necesidade de lembrar a importancia das nosas pequenas accións na procura dunha mellor saúde para o planeta no que vivimos. Non deberiamos esquecer a idea de que a Terra non nos pertence, e que dependerá de cada un de nós que as nosas xeracións futuras poidan medrar e desenvolverse nela dunha maneira feliz e saudable.

O vídeo móstranos unha carta da Terra dirixida a todos nós. Unha carta que reflicte o momento especial que estamos vivindo, na que, unha vez máis, a Terra nos tende a súa man á vez que nos pide que a respectemos e coidemos.

Esperamos pronto poder sentila baixo os nosos pés!

CONTACTO CO CENTRO DURANTE ESTE PERÍODO VACACIONAL

Queridas familias,

Durante este período vacacional, que corresponde con Semana Santa, o centro suspende o contacto telefónico ata o vindeiro martes 14 de abril, no que se reanudará no horario establecido, de 10:00h a 13:00h.

Sabedes que no caso de precisalo, podedes contactar mediante o correo electrónico ou o Abalar Móbil, coma de costume.

Dende aquí, mandarvos unha aperta moi forte e moito ánimo!!!

 

AVISO IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias.

A Consellería de Educación e FP acaba de publicar unha orde na que se contempla a compensación económica ás familias becadas de comedor que nestes días, debido á situación que estamos a vivir, non poden facer uso do mesmo. (DOG 62 do 30 de marzo)

Esto inclúe exclusivamente ás familias de GRATUIDADE TOTAL  e ás que abonan UN EURO polo servizo.

 "Artigo 5.

 Lugar e prazo de presentación

1. Tendo en conta a condición previa de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada  Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias."

Aquelas familias que teñades que solicitar axuda ao centro para a tramitación, poñedevos en contacto no teléfono 982870937 en horario de 11:00h a 13:00h ata o venres 3 de abril.

 

 

AVISO IMPORTANTE. 2º avaliación.

O vindeiro venres, día 3 de abril, ás 14:00h publicaranse, por Abalar Móbil, as notas correspondentes ao 2º trimestre.
Por isto, aconséllase ás familias que todavía non o teñan instalado nos seus teléfonos, o fagan, para o que dispoñen de titoriais nesta mesma web e na web da Xunta.
 
 
 
 

VIDEOTITORIAL 1 E TITORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL MOODLE

Coa intención de que o alumnado de 3º e 4º teña acceso á aula virtual do centro, e así aos recursos e unidades, preparamos un titorial que vos guiará no proceso.

 

TITORIAL

AVISO PARA OS DÍAS 19 E 20 DE MARZO

Lémbrase que mañá, xoves 19, e pasado, venres 20, non se atenderán consultas por teléfono nin correo electrónico posto que o primeiro é día festivo e o segundo é un dos días solicitados polo centro, e aprobados como de libre elección.

A partir do luns 23, retomarase o contacto en todas as vías indicadas para facelo

Distribuir contido


by Dr. Radut