Skip to Content

Taboleiro

FORMULARIO DE AUTODECLARACIÓN PARA USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR.

Aquelas familias que tedes solicitada praza e comedor para os vosos fillos e fillas para o vindeiro curso 2024-2025, teredes que descargar e cubrir o Formulario de Autodeclaración que figura aquí como anexo. Tamén aquí atoparedes anexas as instrucións para cubrilo.

Calendario escolar. Curso 2023/2024

Os días de libre elección como non lectivos escollidos polo centro son: 13 de outubro de 2023 e 20 de maio de 2024.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 23-24.

Estimadas familias, no seguinte vínculo, podedes acceder á lista de libros de texto para os cursos de 1º a 4º de Primaria.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. Curso 2023/24

Estimadas familias,

Hai uns días publicouse no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

INFORMACIÓN:

-Destinatarios: Alumnado que no curso 2023/2024 curse estudos en Ed. Primaria e ESO.

-Lugares de presentación:

-Plazo: do 20 de maio ao 21 de xuño.

-Documentación a presentar.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

 

Para ver a listaxe de libros de texto, prema AQUÍ.

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Todas as familias que tedes solicitada plaza de comedor para este curso para os vosos fillos e fillas, deberedes presentar cuberto e debidamente asinado o Anexo II. Modelo de Autodeclaración e Especificacións 

Poderedes entregalo na Secretaría do centro ou ben entregarllo ao conserxe na entrada, dende mañá luns 4 de xullo ata o venres 15 de xullo. Ou ben dende o 1 ao 7 de setembro. O horario do centro nestes días será de 10:00h a 14:00h.

Tedes opción a solicitar o formulario no propio centro o descargalo AQUÍ,  

Tamén podedes consultar aquí as instrucións para o cálculo. 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR - MES DE XUÑO

 

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023

Aberto o prazo para presentar a solicitude de axuda, dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

As solicitudes poden presentarse:

  • Preferentemente, de xeito telemático a través da Sede Electrónica, empregando a aplicación Fondolibros.
  • De xeito presencial na Secretaría do centro . Os anexos I e II poderán recollerse na Conserxería e na propia Secretaría do centro.
  • DOG
  • ANEXOS I e II

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN. CURSO 2022-2023

Xa pode ser consultada, na Secretaría do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2022-2023.

Infórmase que o centro non estará aberto o vindeiro luns 16 nin martes 17 de maio.

O noso horario  é de 9:30h a 14:30h.

DESFILE DE ENTROIDO 2022.

Estimadas familias, como ben sabedes, este curso o centro celebra o seu 25 aniversario e por iso temos programadas varias actividades no noso PDI, unha delas é rememorar o Desfile de Entroido como se facía hai anos, polas rúas de Galdo,  vestindo varios dos disfrazas que se fixeron naqueles cursos.

Invitámosvos a que disfrutedes con nós do desfile dende calquera punto do percorrido.

DATA: Venres 25 de febreiro.

HORA: Ás 12:30h

Distribuir contido


by Dr. Radut