Estas son as N.O.F. (Normas de Organización e Funcionamento) do noso centro. Nelas recóllense diversos aspectos sobre a organización de todas as actividades e uso de espazos nos que se desenvolven as mesmas durante toda a xornada escolar, así como aquelas normas relativas á convivencia, as conductas contrarias á mesma e as actuacións correspondentes.
Foron elaborados por unha nutricionista tendo en conta as indicacións e menús en uso; foron revisados e consensuados entre ela,o persoal de cociña e o equipo directivo e finalmente aprobados polo Consello Escolar.
Neles predomina a variedade, o equilibrio e a proporcionalidade de carnes e peixe, así como legumbres e verduras frescas variadas, tal e como se espera dunha dieta sá e equilibrada.
O centro foi admitido nas tres modalidades no Plan Proxecta de Innovación Educativa solicitadas para o presente curso: MeteoEscolas, Nós tamén creamos e o Proxecto didáctico Antón Fraguas.
Nalgún deste proxectos, como MeteoEscolas, é o segundo ano de participación o que nos permite seguir afondando e aprendendo neste campo da ciencia. Os outros dous serán campos a descubrir: o mundo do cine e o patrimonio do noso entorno. Será toda unha experiencia e unha oportunidade máis de aprender.
Aquelas familias que teñan concedido o préstamo de libros de texto para 3º ou 4º de Primaria, poderán recollelos no centro nos días e horarios que figuran a continuación:
-Xoves ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de 3º.
-Venres ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de 4º.
Aqueles que non podan vir no día e hora marcados, deberán poñerse en contacto co centro en horario de mañá (de 10h a 13:30h)