O próximo 10 e 11 de abril terán lugar as avaliacións de diagnóstico para o alumnado de 4º de Educación Primaria. Unha avaliación do sistema educativo dentro do marco de aplicación da LOMLOE.
Será unha avaliación anónima e confidencial que non terá efectos académicos no expediente do alumnado.
As competencias avaliadas serán: competencia matemática e lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés).