Curso 2011-2012
I Cross Promoción Atletismo Escolar
Enviado por Anónimo o Mar, 03/13/2012 - 17:22
Este ano participamos no "I Cross na Carballeira da Fraga", organizado conxuntamente polo Clube de Atletismo Olympo e o Concello das Pontes.
Este evento tivo lugar o pasado 9 de marzo. Acadamos varios premios nas categorías benxamín, alevín e infantil.
Non deixes de ver aquí algúns momentos desta competición.
Viaxe á neve
Enviado por Anónimo o Ven, 02/10/2012 - 16:41O pasado 31 de xaneiro os alumnos/as do CEIP Santa María fixemos unha fermosa excursión á estación de esquí de San Isidro en León, onde desfrutamos da neve xunto cos compañeiros dos colexios das Pontes.
Se queres ver o ben que o pasamos preme aquí.
Deporte escolar curso 2011-2012
Enviado por Anónimo o Mar, 02/07/2012 - 08:50Este curso tivemos 4 encontros:
-Xornada de campo a través o 18 de novembro.
-Outras 3 de deportes colectivos cos centros do Concello.
-CEIP A MAGDALENA 30 de novembro.
-CPI MONTE CAXADO 7 de decembro.
-CEIP A FRAGA 18 de xaneiro.
Se queres ver imaxes destes encontros preme aquí.