Curso 2009-2010

EXCURSIÓN CAMIÑO INGLÉS

Enviado por Anónimo o Mér, 06/30/2010 - 11:30

O 16 de xuño todos os alumnos de primaria peregrinamos a Neda. Fixemos esa etapa do Camiño de Santiago e selamos a nosa credencial.

Tamén visitamos unha igrexa do Camiño, varias pontes, un antigo hospital de peregrinos e un albergue.

Moi ben o pasamos!

Pulsa aquí para ver algunhas imaxes.

EXCURSION EDUCACIÓN INFANTIL

Enviado por Anónimo o Mér, 06/30/2010 - 11:16

As nenas e nenos de infantil fomos á graxa de Belelle.

Fixemos pan, plantamos chícharos e montamos en poni.

Se queres ver algunhas fotos, pulsa aquí.

EXCURSIÓN 2º CICLO

Enviado por Anónimo o Mér, 06/30/2010 - 10:51

O día sete de xuño, os alumnos de 3º e 4º viaxamos á Coruña para visitar a lonxa ás dez da mañá. Nesta visita puidemos ver as instalacións, a xente traballando e moitos peixes que tivemos nas mans para observalos mellor.

Sobre as once, percorremos, todas as dependencias da Casa dos Peixes cun monitor que nos ía dando explicacións. Vimos como lles daban de comer ás focas e as quenllas. Xantamos alí e pola tarde visitamos o porto onde tivemos a sorte de poder ver un transatlántico que estaba atracado e que tanto nos impresionou polo grandísimo que era.
Tamén vimos descargar un barco que traía carbón e moitas cousas máis. Foi unha viaxe moi interesante.

Para ver algunhas imaxes, preme aquí.

EXCURSIÓN 1º CICLO

Enviado por Anónimo o Mar, 06/29/2010 - 11:42

Todos os alumnos do 1º ciclo fomos de excursión ao parque temático Adea Nova de Narón. Alí participamos nos obradoiros de Cociña divertida, Rastros e pegadas e Xogos populares.

Coñecimos animais autóctonos como a galiña de Mos, o porco celta, o can de palleiro, a vaca cachena...

Foi un día emocionante.

Para ver algunhas fotos, preme aquí.

EXCURSIÓN 3º CICLO

Enviado por Anónimo o Mar, 06/29/2010 - 11:36

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a Santiago; alí visitamos o Museo do Pobo Galego, onde vimos os útiles e as ferramentas que usaron os mariñeiros e campesiños galegos, decatándonos de canto eles traballaron.

Tamén, no Museo de Arte Contemporáneo contemplamos obras de nova tendencia artística. Polo serán, no Parlamento, puidemos presenciar unha sesión de carácter plenario.

Podes ver algunhas fotos premendo aquí.

VISITA AO CONCELLO

Enviado por Anónimo o Mar, 06/15/2010 - 16:42

Os rapaces de 3º e 4º visitaron o concello das Pontes. xa que é unha actividade programada dentro do currículo deste ciclo, no que se trata o goberno municipal, o concello e os servicios municipais.

Acompañados por Montse, a tenente de alcalde, recorreron todas as dependencias e falaron con diferentes empregados do concello.

Gustoulles moito o Salón de Plenos e o despacho do alcalde.

Cando rematou a visita  agasallaron  a cada rapaz cunha gorra.

 Podes ver algunhas fotos premendo aquí.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Enviado por Anónimo o Mar, 03/16/2010 - 17:17

 

 

 

Un ano máis colaboramos co Concello na celebraión do Día Internacional da Muller.

As actividades realizadas foron moitas e variadas. Aquí tedes unha pequena mostra delas. 

PROGRAMA XOGADE

Enviado por Anónimo o Xov, 01/14/2010 - 15:51

Este curso 2009/10 cambiou o formato de participación do que antigamente era "Deporte na escola"; polo programa "Xogade",no que imos participar xunto cos outros catro colexios públicos do Concello.

As datas dos encontros serán as seguintes:

-20 de Novembro: Campo a través, 10:30 horas.

-30 de Novembro: Santa María- A Fraga.(5ºe 6º).

-21 de Xaneiro: Santa María- A Fraga.(3º e 4º).

-3 de Febreiro: Santa María- Monte Caxado.(5º e 6º).

-11 de Marzo: Santa María- Madalena.(5º e 6º).

Se queres ir vendo fotos dos distintos encontros preme aquí.

VISITA DO CONSERVATORIO MUNICIPAL

Enviado por Anónimo o Mér, 12/16/2009 - 10:45

O pasado 8 de outubro tivemos a visita de varios profesores do Conservatorio Municipal para mostrarnos o marabilloso que é o mundo da música e animarnos a que nos apuntemos para aprender a tocar algún instrumento. Aquí tedes uns momentos desta visita.

Distribuir contido