LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS

Desde o día 8 de xullo están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas de Fondolibros cos libros que lle corresponden a cada alumno. Tamén se poden consultar na aplicación Fondolibros.

A entrega de vales de libros e material realizarase ata o día 10 de xullo na secretaría do centro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS

As listaxes provisionais pódense consultar xa no taboleiro do colexio ou accedendo á aplicación Fondolibros. Nela aparece o número de libros que recibirá cada alumno.

As listaxes definitivas publicaranse o día 9 de xullo.

A entrega de vales para a adquisición de libros de texto (1.º e 2.º de Primaria) e/ou material escolar (de 1.º a 6.º de Primaria) será entre o luns 6 e o venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00  na secretaría do colexio.

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO

O Concello das Pontes de García Rodríguez vén de convocar as AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS para o vindeiro curso. Pódese ver a información e descargar o impreso premendo aquí.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/2021

 

 

O prazo para a formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020. A documentación a presentar será a seguinte:

- Impreso de matrícula. Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.

- Certificado de empadroamento.

- 4 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.

LISTA DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021

Para ver a lista de libros e material para o curso 2020/2021, preme na imaxe.

 

UNHA DESPEDIDA MOI ESPECIAL

Hoxe remata o curso e, aínda que non podemos estar xuntos, sentímonos moi próximos na distancia. Só temos que ver este vídeo para darnos conta.

 
 
Queremos recoñecer a confianza e o esforzo das familias e do alumnado nesta situación tan especial. Desde o centro mandámosvos o noso cariño e agradecemento.
 
Desexámosvos unhas merecidas e moi felices vacacións!

BOLETÍN DE NOTAS

 

O boletín de notas farase chegar o venres 19 de xuño a partir das 14:00 horas a través da aplicación AbalarMóbil.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS QUE REMATAN EI E EP

Estimadas familias, este curso tan atípico e diferente chega esta semana ao seu fin. Para os alumnos de 6.º de Educación Infantil e 6.º de Educación Primaria é especial, porque os pequenos cambian de etapa e os maiores deixan o noso centro para comezar a Educación Secundaria.

Non podemos permitir que marchen sen que leven o recordo do seu paso. Por iso o día 19, último día de curso, farémoslles entrega do diploma de finalización de etapa, da orla e do vídeo da súa graduación. Sentimos que teñan que irse sen o festival de despedida que nos gustaría facer a todos, pero nesta excepcional situación non é posible.

As titoras destes dous cursos mandarán pola aplicación Abalar a hora de recollida.

Moita sorte nesta nova andadura!

 

 

AVISO SOBRE SORTEO TABLETA

Xa chegou o día. O sorteo da tableta farase o 15 de xuño coincidindo co primeiro sorteo da ONCE.

MOITA SORTE A TODOS!!!

IOGA

O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade,  moitísimas veces faciamos algunha postura.

Unha das iniciativas que levariamos a cabo no noso centro, dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga das Pontes, Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase. Preme na imaxe para poder vela.

 
Moitísimas grazas, Lidia!!!
Distribuir contido