UNHA DESPEDIDA MOI ESPECIAL
Enviado por Anónimo o Xov, 06/18/2020 - 18:31
Hoxe remata o curso e, aínda que non podemos estar xuntos, sentímonos moi próximos na distancia. Só temos que ver este vídeo para darnos conta.
Queremos recoñecer a confianza e o esforzo das familias e do alumnado nesta situación tan especial. Desde o centro mandámosvos o noso cariño e agradecemento.
Desexámosvos unhas merecidas e moi felices vacacións!