AVISO SOBRE SORTEO TABLETA
Enviado por Anónimo o Xov, 06/04/2020 - 09:00Xa chegou o día. O sorteo da tableta farase o 15 de xuño coincidindo co primeiro sorteo da ONCE.
MOITA SORTE A TODOS!!!
IOGA
Enviado por Anónimo o Lun, 06/01/2020 - 00:19O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade, moitísimas veces faciamos algunha postura.
Unha das iniciativas que levariamos a cabo no noso centro, dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga das Pontes, Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase. Preme na imaxe para poder vela.
ESCENAS DE CINE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/27/2020 - 07:56Dentro do noso proxecto CINELILI, contamos coa colaboración do alumnado e as súas familias para levar a cabo estas estupendas recreacións de películas moi coñecidas.
Desfrutade con este marabilloso traballo!!!
INFANTIL SAUDABLE
Enviado por Anónimo o Mar, 05/26/2020 - 15:44
Durante a corentena foi moi importante facer exercicio físico e unhas rutinas saudables para ter o noso corpo e a nosa mente sans.
Os peques de Educación Infantil do noso centro compartiron con nós as súas rutinas.
Graciñas, peques!!
NOVAS E RECOLLIDA DE MATERIAL
Enviado por Anónimo o Dom, 05/24/2020 - 18:35
Estimadas familias, xa podemos confirmar que non haberá regreso ás aulas do alumnado de Infantil e Primaria neste curso.
ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO
Algunhas familias solicitastes ir recoller libros e material ás aulas neste período longo de alerta sanitaria. Agora, coa entrada de Galicia na fase 2 de desescalada, xa estará permitido que o profesorado acuda ao colexio a realizar algunhas tarefas como a entrega de materiais.
Os mestres e mestras poñeranse en contacto coas familias para a entrega.
Os libros de 1.º e 2.º de Primaria xa están repartidos por tratarse de libros nos que poden escribir os alumnos e alumnas.
Os demais iranse entregando respectando o día asignado na seguinte táboa.
DÍA | CURSO |
LUNES 25/05 | 3 ANOS (4º EI) |
MARTES 26/05 | 4 ANOS (5º EI) |
MÉRCORES 27/05 | 5 ANOS (6º EI) |
MARTES 9/06 | 3º EP |
MÉRCORES 10/06 | 4º EP |
XOVES 11/06 | 5º EP |
VENRES 12/06 | 6º EP |
O alumnado de 3.º a 6.º recollerán o material na penúltima semana de curso, desta forma xa poderán devolver os libros de préstamo sen ter que vir dúas veces. Todo o alumnado pode traballar co libro dixital, pero se hai algún neno/a que necesite algún libro, poderá chamar ao centro e poñerémoslle día para vir buscalo.
AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR / CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Mar, 05/19/2020 - 21:27No DOG do día 19 de maio de 2020 publícase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
BENEFICIARIOS
Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:
a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.
c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria.
PRAZO DE SOLICITUDE
Comeza o 20 de maio e remata o 19 de xuño.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.
De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00.
LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/16/2020 - 22:03Dende o CEIP Plurilingüe Santa María queremos agradecer á comunidade educativa as súas achegas para poder elaborar este vídeo dedicado a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado nas Letras Galegas.
AVISO SOBRE PRAZO DE MATRÍCULA
Enviado por Anónimo o Mar, 05/12/2020 - 17:06
O día 18 de maio foi elixido no seu momento como non lectivo. Por este motivo, o prazo presencial de solicitude de admisión será ata o venres 15 do presente mes, podendo presentar a solicitude telemática ata o luns 18.
REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO
Enviado por Anónimo o Xov, 05/07/2020 - 10:04
No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.
- O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13 h. na secretaría do colexio.
- Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
- Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio.
- Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
- Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo.
NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO
- Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
- Manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.
NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 881930071 ou o correo electrónico: ceip.santamaria.aspontes@edu.xunta.gal
TODO ESTÁ SAÍNDO BEN!
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2020 - 23:29
Pouco a pouco vai pasando a corentena. Xa queda menos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »