IOGA
Enviado por Anónimo o Lun, 06/01/2020 - 00:19
O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade, moitísimas veces faciamos algunha postura.
Unha das iniciativas que levariamos a cabo no noso centro, dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga das Pontes, Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase. Preme na imaxe para poder vela.
Moitísimas grazas, Lidia!!!