NA CASA DO MEL
Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2009 - 17:42Neste curso 2009-2010 fomos invitados de novo a visitar a Casa do Mel de Goente, onde nos explicaron todo o relacionado coa produción de mel, tanto dun xeito artesanal como coas técnicas máis avanzadas.
Déronnos a proba do mel, que estaba exquisito; tamén nos agasallaron cunha figura elaborada no obradoiro artesanal de cera, onde observamos que con este producto natural se poden facer múltiples cousas.
Se queres ver todas as fotos que fixemos nesta visita, pulsa aquí.
ENERXÍAS LIMPAS
Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2009 - 17:00Dentro da nosa formación para coidar e respectar o medio ambiente, fixemos unha actividade moi destacada: visita ao Parque experimental de Sotavento.
Non nos estraña que veñan de todas partes de Galicia e mesmo de España ver os prototipos e as marabillas que alí hai para producir enerxía dun xeito limpo.
Se queres ver as fotos que dan unha pequena idea do Parque, preme aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30