DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Informamos que se publicou a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes.
Debemos destacar o artigo 2 alumnado destinatario:
- O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar durante o curso 2021-2022. (art 6. NON TERÁN QUE PRESENTAR NINGUNHA SOLICITUDE)
- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros ou estea matriculado en educación epecial, suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
O alumnado que se atope nalgún caso dos mencionados no punto 2, poden presentar a solicitude no centro dende o 15 ao 26 de novembro de 2021.
Para consultar calquer aspecto da convocatoria pinche aquí.