A Consellería de Educación publicou a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares convocada pola Resolución do 10 de Setembro de 2024.
A normativa vixente que regula o proceso de renovación parcial do Consello Escolar é a seguinte:
-
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
-
Circular nº 1/98, do 2 setembro, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos
-
Resolución do 10 de Setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.
Este ano toca renovar aos seguintes membros dos distintos sectores:
No taboleiro do colexio están publicados os censos dos distintos sectores para as votacións nas eleccións do Consello Escolar. O período para realizar reclamacións ao censo será desde o 24 de outubro ata o 6 de novembro
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
O prazo para a presentación de candidaturas dos sectores será desde o 4 ata o 11 de novembro, ambos incluídos. Os interesados en presentar candidatura terán que achegarse ao centro para cumprimentar a documentación para a presentación da candidatura.
O martes19 de novembro realizaranse as votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar. O horario para as votacións no sector das familias será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.