O venres fixemos unha saída ata o parque de bombeiros. Alí, os bombeiros foron encantadores con nós, explicáronnos moitas cousas e divertímonos moito!!
Ensináronnos o traxe de bombeiro e como se pon. Tamén algunhas normas de seguridade e a memorizar o número 112.
Logo, mostráronnos como era por dentro un camión de bombeiros.
E, ata nos deixaron subir a el!!!
Tamén montamos na grúa elevadora.
E o bombeiro Dani subíu ata o infinito!!!
Leváronnos á recepción de chamadas e Anna falounos por megafonía.
Por último, apagamos un incendio simulado, foi moi divertido!!
Os bombeiros foron tan amables que nos regalaron unha mochila a cada un con moitas cousas dentro.