Skip to Content

3 anos

OUTONO

                                                                           COUSAS DE OUTONO

    


 

 

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS-A

                                                      O ANIVERSARIO DE IAGO

      

                                                                           PLASTILINA

                                                                             PINTAMOS

                                                          QUEBRACABEZAS

                                                        PASAMOS LISTA

4º-VISITA Á BIBLIOTECA

Onte fomos facerlle unha visitiña ao noso amigo Ole. Que quen é Ole? É un paxaro que vive nunha biblioteca municipal, na dos Rosais. Amosounos como é a súa casa (unha árbore dentro da biblio!) e leunos uns cantos libros. 

4º-OBRADOIRO DE CONSUMO

O outro día tivemos un obradoiro de consumo na clase. Xuntámonos todos os cativos e cativas das clases de 3 anos e aprendemos o importante que é comer froita. 

4ºA-DESPEDIDA DE NICOLE

Nicole váisenos. A súa familia regresa a Uruguai e, para que leve un bo recordo de todos nós, despedímola como se merece: cuns agasallos. 

Primeiro, fomos nós, a clase, quen lle fixemos entre todos un poster con debuxos, fotos e nomes de todos os nenos e nenas. Logo, Artai agasallouna con dous magníficos libros sobre A Coruña. E, ao final, fixémoslle entrega de todo o material de aula de Nicole. En resumo, que foi cargadiña, vaia.

Ela tamén nos trouxo un biscoito e, para non rachar a tradición, comémolo en 0,5. 

Botádelle unha ollada as fotos.

4ºB- DESCUBRINDO A JOAN MIRÓ

 


DESPOIS DUNHAS SEMANAS NAS QUE DESCUBRIMOS A FIGURA DE JOAN MIRÓ E EXPERIMENTAMOS COS NOSOS PROPIOS BOCETOS,  ATREVÍMONOS POR FIN A PINTAR UN DOS SEUS CADROS: CHÁMASE "BLUE I".


AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DAS NOSAS OBRAS DE ARTE!!!  !ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!


4ªA-POESÍA: A ESCOLA

Con motivo do Día das Letras Galegas, imos ir colgando audios (podcasts) con poesías e adiviñas recitadas por nós. Velaí vai a primeira entrega. Premede nos versos e gozade.

A pombiña branca

quería ir á escola.

Mercou catro libros

lapis e goma.

4ºA-SANTO DE MARCOS

O outro día foi o santo de Marcos, é dicir, era o día de San Marcos, claro. Pois ben, Marcos tróuxonos para celebralo un magnífico biscoito do que demos boa conta. Botádelle unha ollada ás imaxes. Non, se fame o que se di fame, non pasamos.

4º-VÍDEOS DO MACUF

4º-COMENDO MEDOS NO MUSEO

O pasado mércores visitamos o MACUF. Alí, ademais de vermos moitas obras de arte, tamén aprendemos a superar os medos coméndoos. Que como comemos os medos? Pois converténdoos en chocolate e engulíndoos. Así de sinxelo. Botade unha ollada as fotos e os vídeos para ver o que fixemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut