Interpretación de Satu, Darío L. , Rubén C., Julieta, Aldán e Romeo de obras de Degas, Renoir, Matisse, Mucha... cambiando cores. Seguirei subindo o que me enviedes.
No blog da Biblio-TECA atoparás propostas para estes días de confinamento. Anímate a participar e envíanos as túas creacións. Seguro que entre todos e todas conseguimos que estes días sexan máis levadeiros. https://sanpedrovisma.blogspot.com/
Elena suxeriunos facer un intercambio de agasallos. Sacamos un papel e tocounos un compañeiro ou compañeira ao que lle trouxemos unha pequena sorpresa. Ademáis cada un de nós escribiu unha pista para tratar de adiviñar o nome do "amigo invisible".
Os rapaces e rapazas de 4ºB tivemos o privilexio de baixar sementar co mestre Xulio, quen nos deu unha explicación moi completa sobre as sementes e posteriores plantas. Aprendimos dun xeito divertido e pronto poderemos ver os brotes.