Skip to Content

Actividades

TALLER DE CREACIÓN DE PULSEIRAS OLÍMPICAS

Xa está en marcha o taller de creación de pulseiras olímpicas.

Esta actividade pon de manifesto un dos máis importante valores olímpicos, o compañeirismo. Os nenos e nenas maiores axudaron aos pequenos a súa elaboración.

Un gran recorde deste curso olímpico, feito polo alumnado e para o alumnado.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Creación de pulseiras olímpicas

COÑECENDO DEPORTES PARALÍMPICOS. O PARATRIATLÓN.

Hoxe contamos coa visita do Equipo Promesas Triatlón ao colexio.

O alumnado de 6º de primaria puido desfrutar e aprender coas historias e experiencias destes deportistas.

Moitísimas grazas poloa visita!!!

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Paratriatlon

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE. AS OLIMPIADAS DE CORDA

A fin do segundo trimestre chegou e os nenos e nenas de Visma tiveron que enfrontarse ás Olimpiadas de corda para lograr a medalla de plata e seguir avanzando neste curso olímpico.

Estas Olimpiadas de corda puxeron de manifesto un dos máis importantes valores olímpicos, o compañeirismo.

O alumnado de San Pedro de Visma traballou en equipo para superar dúas probas e conseguir a medalla de plata:

  1. Entre todos os nenos e nenas de cada clase tiveron que superar unha serie de retos  de corda: saltar cos ollos pechados, cruzando a corda, saltos con xiro...
  2. Acadar 5.000 saltos entre todos os nenos e nenas en tres minutos. Ah!, non so chegaron a 5.000 saltos, é que deron 18.706.

Parabéns ao equipo de San Pedro de Visma, fúchedes un exemplo de esforzo e traballo en equipo.

 

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Olimpiadas de corda

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A ESCALADA

O alumnado de 4º de primaria achegouse ao rocódromo de Riazon, e da man de AMI (Agrupación de montañeros independentes) puideron probar un novo deporte olímpico, a escala.

O fixeron xenial unha vez superados os medos iniciais o e o pasaron aínda mellor.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Rocódromo 4º EP

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A VELA

O alumnado de 5º de Primaria puido coñecer gracias ao programa do Concello de A Coruña, "O Atlántico parte de ti", un novo deporte olímpico, a vela. 

Non o fixeron nada mal estes regatistas de Visma.

Preme na imaxe para acceder ao álbum.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> O Atlántico parte de ti.

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: O JUDO.

Os rapaces e rapazas seguen aprendendo sobre os Xogos Olímpicos. Desta volta tocou poñerse o quimono. O mestre de judo Juanca, do ximnasio JK de A Coruña, ensinoulles a os nenos e nenas de 4º,5 º e 6º de Primaria, este deporte olímpico e milenario.

Non o fixeron nada mal as nosas e os nosos judokas.

Moitas gracias Juanca, polo bo facer e por amosarlle ao alumnado unha alternativa máis para manterse activo a través do judo.

 

 

IRENE MARTÍNEZ DINOS CAL É O FACHO OLÍMPICO DO COLE

DÍA 21 DE DECEMBRO, ÁS 10:00. IRENE MARTÍNEZ DESVELANOS CAL É O FACHO DOS XOGOS OLÍMPICOS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

CONCURSO: O FACHO OLÍMPICO SPV

Os Xogos Olímpicos van arrincar en San Pedro de Visma e os nenos e nenas deberán levar o Facho Olímpico dende Olimpia, en Grecia, ata o colexio. Entre todos e todas percorreremos miles de quilómetros, que nos levaran por 5 continentes, 27 paises e 32 cidades (preme AQUI para coñecer o percorrido).

Pero necesitamos o noso FACHO OLÍMPICO, e queremos que vós, as familias sexades as protagonistas.

Como?

Ata o 29 de novembro podedes facer a voso facho olímpico e entregalo no colexio.

Entre todos o fachos recibidos escollarese o FACHO OLÍMPICO SPV mediante unha votación o 3 de decembro.

PREPARANDO AS OLIMPIADAS EN VISMA

Xa estamos quecendo os motores en Visma para comezar coas Olimpiadas. Os nenos e nenas veron este vídeo para motivalos.

CITIUS, ALTIUS, FORTIUS!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut