Desde o 1 ata o 22 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2021/22.
Que documentación hai que presentar?
- Modelo de solicitude debidamente cuberto (ED550B).
- Copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a (DNI, partida de nacemento, padrón municipal…).
- No caso de optar a un curso de primaria, deberán achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia (certificado oficial do expediente académico).
- En caso de separación xudicial ou divorcio, presentarase unha copia do convenio regulador ou da resolución xudicial.
Como se pode presentar a solicitude?
- Na secretaría do propio centro.
- De xeito telemático, na aplicación “Admisión do alumnado”. É imprescindible contar con certificado dixital ou a chave 365.
No caso de optar pola presentación na secretaría do centro pódese obter o modelo de solicitude dos seguintes xeitos.
Prazas ofertadas en 4º de infantil: 50*
* 6 destas prazas están disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)
Resumo do calendario do proceso de matrícula.
1 ó 22 de marzo de 2021 |
Presentación de solicitudes |
25 de marzo a 9 de abril |
Presentación da documentación acreditativa en caso de ser necesaria a baremación. |
Antes do 26 de abril |
Publicación no centro da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as |
Antes do 15 de maio |
Publicación no centro das listaxes definitivas de admitido/as e non admitidos/as
|
Do 20 ao 30 de xuño |
Formalización da matrícula |