Skip to Content

ACTIVIDADES

CREDENCIAIS DO SEMENTA CAMIÑO

MURAL CREDENCIAL COLEXIO: Na entrada do colexio está situado o mural principal do Sementa Camiño, alí está toda a información do proxecto para alumando e profesorado. Cada vez que unha aula saia a facer a milla diaria tiña que rexistrar a distancia percorrida no mural credencial. deste xeito era a forma de constatar que todo o colexio conseguia realizar a distancia de cada etapa semanal do Camiño do Norte de Santiago.

 

CREDENCIAL DE AULA: cada aula tiña colgado no corcho ou porta a súa credencial. O profesorado despois de comprobar no mural principal que rexistraron a distancia percorrida durante a semana ia as aulas a verificar que fixeran o camiño e cuñar a credencial de aula co sello oficial do Sementa Camiño. Desta forma levabase un control das distancias recorridas por cada aula. Para conseguir a compostelana final cada aula tiña que ter completa a credencial de aula.

ACTIVIDADE ULTREIA 3º TRIMESTRE

A busca das letras no camiño: facendo a milla diaria tiñan que buscar os ovos escondidos das letas galegas polo camiño do SPV.

 

Semana do libro: libros saudables e marcapáxinas do camiño.

SOLPOR FIN DO CAMIÑO

A MULLER NO CAMIÑO DE SANTIAGO

A muller no camiño de Santiago: parte do recorrido da milla diaria fíxose polo interior do colexio, onde se instalaron os nomes de mulleres galegas importantes na historia. Ao mesmo tempo esa semana fixeronse unhas charlas onde as protagonistas foron mulleres que nos falaron de hábitos saudables, alimentación, hixiene, descanso e exercicio físico. 

    • Charla de Tamara Pazos: https://www.instagram.com/p/CL33ueMDJA6/?utm_source=ig_web_copy_link

    • Charla con Mónica Vilar: https://www.instagram.com/p/CMFFBaADXCx/?utm_source=ig_web_copy_link 

    • Charla con mamá de Antía (1ºB): https://www.instagram.com/p/CMS4ENhD-YS/?utm_source=ig_web_copy_link

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA - SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

A EDUCACIÓN FÍSICA GUÍA O CAMIÑO.

O día da Educación Física na Rúa do CEIP San Pedro de Visma fíxose eco na prensa local da Opinión de A Coruña.

Celebramos este evento durante dous días realizando rutas de sendeirismo que ampliaban os circuitos do noso camiño de Santiago do proxecto "Sementa Camiño". As rutas realizáronse polo parque dos mariñeiros, parque Adolfo Suárez e o barrio de San Pedro de Visma. Todo unha experiencia positiva na que puxo ainda máis en valor a Educación Física na formación do alumnado no día a día.

 

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DA OPINION DE A CORUÑA

 

RUTAS SENDEIRISMO SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR PRIMARIA

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física

 

SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR INFANTIL

 Ruta creada polo alumnado de 6º de primaria en Educación Física 

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA (cartelería)

CARTELERÍA DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 

RUTA SENDEIRISMO EDCUACIÓN INFANTIL

RUTA SENDEIRISMO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

XOGOS CAMIÑO DE SANTIAGO 1º-2º PRIMARIA

PULSA NA IMAXE E ACCEDE AO LIBRO DOS XOGOS TRADICIONAIS DE SEMENTA CAMIÑO

Actividade Ultreia: A RULETA DO CAMIÑO

PINCHA NA IMAXE DA RULETA DO CAMIÑO PARA ACCEDER AO XOGO

Distribuir contido


by Dr. Radut